VIALIA
bannerPicnicSesions

Charlas AGAG: A narrativa transmedia en ‘Luimelia’

19nov19:30Charlas AGAG: A narrativa transmedia en ‘Luimelia’ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Café Uf

Detalles do eventos

A análise dunha exitosa narrativa transmedia como a da serie ‘Luimelia’ cerrará este sábado en Vigo as charlas-coloquio de outono que organiza a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), un ciclo que, coa colaboración de Derechos de Autor de Medios Audiovisuales (DAMA), xa abordou o proceso creativo de “A Casa de Papel’ e a montaxe de ‘Toy Boy’.

‘Luimelia: Construír un universo e construír unha comunidade: do guión ás redes sociais’ amosará o novo enfoque transmedia de moitas series para expandir nas redes sociais o universo das personaxes: hai grupos de Whatsapp con fans, as persoaxes de ficción teñen contas reais en Instagram e Twitter, a audiencia axuda coas súas interaccións na elaboración das historias…

 Os creadores e guionistas Diana Rojo e Borja Glez. Santaolalla e a responsable de contido dixital, Camino Sánchez, profundizarán nunha charla coloquio nesa idea de que o proceso creativo non remata coa concepción final da obra, senón que segue vivo na promoción e difusión nas redes sociais.

 A última mesa redonda da programación de outono de AGAG celebrarase o sábado ás 19.30 horas en Vigo no Café Uf, con entrada libre ata completar o aforo.

 Os guionistas Diana Rojo e Borja Glez. Santaolalla traballaron recentemente na última serie de Borja Cobeaga, ‘No me gusta conducir’, protagonizada por Juan Diego Botto.

Máis

Hora

(Sábado) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events