Portamerica
REVISTA MAIO

Carreira da Cereixa

26mai10:30Carreira da CereixaACTIVIDADES DEPORTIVAS | 12,00 €10:30(GMT+02:00) Centro Cultural de Beade

Detalles do eventos

Run Run Vigo ten aberta a inscrición para as súas tres próximas carreiras: Praia de Samil, Carreira da Cereixa e Correndo por Vigo. Toda a información, regulamentos e inscrición está dispoñible na web de Run Run Vigo.

CARREIRA PRAIA DE SAMIL – 19 de maio
O Club Atletismo Veteranos de Samil en colaboración co Concello de Vigo e co patrocinio de FE Seguros, organiza o evento “Carreira Praia de Samil Fe Seguros – IV Memorial Alfonso Varela”, cunha distancia de 8 kms. As probas celebraranse aproveitando a BAIXAMAR do domingo 19 de maio ás 09:30 con saída e chegada na Praia de Samil. A modalidade do evento é libre, podendo participar tanto atletas federados como non federados. Hai modalidade para adultos, nenos e Discamino.

CARREIRA DA CEREIXA – 26 de maio
Carreira de Beade con modalidade de 10 e 5 km e infantil. Os atletas percorrerán a partir das 10:30 h as rúas de Beade coas cerdeiras cheas de cereixas.

CORRENDO POR VIGO – 8 de xuño
Carreira nocturna de 10 km con modalidade infantil con saída ás 22:00 na Avenida da Florica, fronte ao Mercado das Travesas.

Próximas carreiras (con inscrición aínda pechada)
SAN XOÁN – 23 de xuño
VIGO CONTRA EL CÁNCER – 20 de outubro
LA 21 – 3 de novembro
VIGO +11 – 17 de novembro
ÉRGUETE E CORRE – 1 de decembro

Máis