VIALIA
PLAYDOC

Balkan vs Cumbia

05dec23:30Balkan vs CumbiaCONCERTOS | 5,00€23:30(GMT+01:00) Sala Doppler

Detalles do eventos

A festa itinerante que ten revolucionado as pistas de baile de Barcelona, Sevilla, Antwerp, Madrid, Lisboa ou Londres volta a Galicia.Vigo sentirá a forza dos Balcáns mesturada perfectamente ca mística enerxía da Cumbia, para crear un baile sen fronteiras. Dende México conexión Barcelona chega de novo Dj GypsyBox, o pioneiro da BalkanCumbia en Europa e para acompañalo nos ritmos estará a Brigada SOUND.

DJ GYPSYBOX
Aínda que é orixinario de México xa fai anos que reside en España, fundou as “Balkan Fever” en 2009, festa que fusiona as músicas balcánicas ca electrónica máis potente e actual, sendo unha das festas pioneiras en levar estes sons á escea de club por todo o estado.
Hoxe en día é un dos Dj’s e promotores máis activos da escea Balkan-Cumbia en Europa.
Viaxeiro incansable, xa ten recorrido medio mundo portando este son latino-balcaniko que lle caracteriza.
Na pista de baile é todo un mestre á hora de facerte mover. A súa gran traxectoria por clubs e festivais de Xapón, Arxentina, Chile, México, España, Francia, Dinamarca, Bélxica, Alemania, Inglaterra, Irlanda … Onde compartiu escenario con artistas como Balkan Beat Box, Shantel, Boban Marcovic, Fanfare Ciocarlia, Chico Trujillo, etc…

BRIGADA SOUND
Brigada Sound é un colectivo de picadiscos que busca facerte bailar,vibrar e sentir a música, de forma que mentres dure a festa teu corpo só pense en pasalo ben!!
Son tamén os encargados da festa mensual de world music na Sala Doppler chamada #Mestisound, contan na actualidade con ata 9 picadiscos de distintos xéneros como balkan, cumbia ou reggae que farán da festa unha experiencia dificil de esquecer. Este colectivo leva xa anos montando festas alternativas así como participando nun gran número de festivais(Millo Verde, Revenidas, Reperkusión,Iboga Summer Festival, Reina Loba, BZ Brass, etc.)

Na Sala Doppler o domingo 5 de decembro ás 23:30

Entradas á venda en www.entradium.com

Máis

Hora

(Domingo) 23:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Doppler

Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events