VIALIA
bannerPicnicSesions

Aquela regueifa

15out12:30Aquela regueifaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A Morada organiza Aquela regueifa, un espazo crítico para a improvisación oral.

Ata hai ben pouco, a regueifa pública e premiada era cousa de homes cishetero, mentres que o resto ficabamos na esfera privada cantando e versando. Xa hai xente que regueifa por toda Galicia que está a mudar isto, e xa era hora de que a disidencia improvisadora de Vigo construísemos o noso propio aquelarre!

O terceiro sábado de cada mes, en A Morada, xuntaranse para botar unhas coplas, pero tamén para ensinar as bases da regueifa a calquera que non saiba. Podedes ir aprender, practicar, ou escoitar mentres tomades algo.

Admítense instrumentos, crianzas e animais. Non se admiten conductas discriminatorias de ningún tipo.

Sábado 15 ás 12:30

Acceso libre

Máis

Hora

(Sábado) 12:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events