VIALIA
bannerPicnicSesions

Aniversario Vialia: Eladio y los seres queridos

01out21:00Aniversario Vialia: Eladio y los seres queridosCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Desde o 30 de setembro ao 2 de outubro, Vialia celebrará Vialia Fest para conmemorar o primeiro ano de vida do centro comercial. Na parte musical, o centro comercial ten prevista unha axenda de concertos onde os artistas locais DaniOrtigaEladio y los seres queridos e Pablo Lesuit ou Ultrafónicos serán os encargados de poñer a banda sonora.

A zona infantil terá formato verbena e iniciarase o sábado co show Para bailar, no que os máis pequenos gozarán de karaoke infantil, pasarrúas e inchables. Na zona Ludiland, os nenos e nenas que se acheguen a Vialia Vigo a celebrar o primeiro aniversario do centro comercial poderán participar na xincana Buscando o Tesouro de Vialio. O sábado, tamén na zona Ludiland, haberá gran festa de aniversario con maquillaxe e xogos musicais. O domingo será a quenda dos xogos populares: mímica, globoflexia e pintacaras.

Concertos:

Venres 30
19h – dani
21h – Ortiga

Sábado 1
19h – Pablo Lesuit
21h – Eladio y los seres queridos

Eladio y los seres queridos: Grupo que en 2020 cumpriron 15 anos de carreira con 5 discos, xiras por todo o país en diferentes festivais e salas e manténdose sempre fieis ao seu particular estilo que lles permite ser, a día de hoxe, unha das bandas máis estables do panorama musical español. Academia, o seu sexto disco, publicouse o 6 de marzo de 2020 e irrompeu no panorama musical con forma de oda á felicidade, composta por catorce pasaxes honestas, intimistas e transeúntes dun amplo abanico estilístico. Do pop máis clásico ao indie, pasando polo rock, o folk pantanoso e mesmo a canción de autor, para revelar o latexo poético e mesmo críptico que se esconde tras as letras dunha nova forma de cantarlle á vida.

Antes do concerto entrevistaremos a dani e a Ortiga ás 16:30 na FNAC nun evento aberto ao público.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events