VIALIA
bannerPicnicSesions

Aniversario Vialia: dani

30set19:00Aniversario Vialia: daniCONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Desde o 30 de setembro ao 2 de outubro, Vialia celebrará Vialia Fest para conmemorar o primeiro ano de vida do centro comercial. Na parte musical, o centro comercial ten prevista unha axenda de concertos onde os artistas locais DaniOrtigaEladio y los seres queridos e Pablo Lesuit ou Ultrafónicos serán os encargados de poñer a banda sonora.

A zona infantil terá formato verbena e iniciarase o sábado co show Para bailar, no que os máis pequenos gozarán de karaoke infantil, pasarrúas e inchables. Na zona Ludiland, os nenos e nenas que se acheguen a Vialia Vigo a celebrar o primeiro aniversario do centro comercial poderán participar na xincana Buscando o Tesouro de Vialio. O sábado, tamén na zona Ludiland, haberá gran festa de aniversario con maquillaxe e xogos musicais. O domingo será a quenda dos xogos populares: mímica, globoflexia e pintacaras.

Concertos:

Venres 30
19h – dani
21h – Ortiga

Sábado 1
19h – Pablo Lesuit
21h – Eladio y los seres queridos

dani: é nova revelación do pop. Unha compositora e intérprete que transita polas sendas máis aterciopeladas e intimistas do pop contemporáneo. Coa súa proposta fusiona o pasado de cantantes como Jeanette ou Jane Birkin, cunha produción moderna e excelente de Aaron Rux. dani interpreta de marabilla o seu repertorio xunto á súa banda, nun directo moi fluído presentando cancións máis bailables e máis íntimas, logrando un bloque tan colorido como sólido.

Antes do concerto entrevistaremos a dani e a Ortiga ás 16:30 na FNAC nun evento aberto ao público.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events