Aniñará, performance de Mónica Aranegui

26nov12:30Aniñará, performance de Mónica AraneguiESPECTÁCULOS | De balde12:30(GMT+01:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Espectáculo de inauguración da programación da Deputación de Pontevedra para concienciar sobre a erradicación das violencias machistas “Mulleres en acción: violencia zero 2020-21”

Nesta performance o nobelo empregámolo como símbolo do autocoidado, do amor cara a nós, a protección e a elección do
lugar onde aniñar, dentro do espazo propio. O corpo configúrase como ese espazo no que habitar, amar e coidar. A pel que nos protexe mantén a pegada do vivido, a memoria das palabras, que permanecen adheridas, moitas delas coa necesidade de ser transmutadas noutras. Que quero manter? Que quero cambiar? Unha oportunidade para [re]definir o noso lugar no mundo. A finalidade é a de coidar[se]. Crear un lugar onde sentírmonos ben e protexidas, que non é físico, senón que, ao final, portamos connosco porque é un lugar interno. Que queremos dentro do niño? Que queremos fóra?

Máis