
"A revolta da lagoa" de Rafael Laso
Detalles do eventos
A libraría Librouro e a Editorial Tambre comprácense en comunicarlle que este vindeiro venres 10 de xuño, ás 20:00 horas nas instalacións de Librouro (Eduardo Iglesias, 12) vaise
Detalles do eventos
A libraría Librouro e a Editorial Tambre comprácense en comunicarlle que este vindeiro venres 10 de xuño, ás 20:00 horas nas instalacións de Librouro (Eduardo Iglesias, 12) vaise celebrar a presentación pública do libro “A revolta da lagoa”, obra infantil de corte ecolóxico obra do escritor Rafael Laso Lorenzo e con ilustracións de Ximena Maier.
O acto ademáis de co autor contará coa introdución da editora Matilde Caamaño e o tamén escritor Miguel Anxo Alonso Diz. Durante o acto proxectarase o traballo Antela, historia dunha desecación xa que o libro trata precisamente esta desfeita ecolóxica que se fixo nos anos 50 coa eliminación desta lagoa de terras da Limia visto desde a perspectiva dos animais que nela habitaban. A entrada ao acto é libre e gratuita ata completar aforo.
Máis
Hora
10 xuño, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra