REVISTA SETEMBRO

Este é un evento repetitivo

A aldea dos Pitufos

31ago12:00A aldea dos PitufosPEQUECHOS| De balde*12:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

O centro comercial Vialia Estación de Vigo acollerá do 21 ao 31 de agosto La aldea de los pitufos, un evento no que os máis pequenos poderán desfrutar de actividades como a Casa Máxica, unha recreación a tamaño real da casa dos Pitufos onde os nenos poderán xogar libremente e o Pozo Máxico, un espazo de contos onde poder coñecer mellor aos personaxes. O espazo contará tamén cunha zona interactiva con divertidos xogos e onde os nenos e nenas poderán dispoñer das últimas tecnoloxías de Realidade Aumentada, un centro de beleza onde un monitor fará tatuaxes cun aerógrafo e unha zona de manualidades.

A Aldea dos Pitufos estará situada na zona Vigo Exporta (Planta baixa do centro comercial) do 21 ao 31 de agosto en horario de luns a venres de 18:00h a 21:00h e os sábados de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h.

Cómo acceder: As persoas interesadas en participar no evento deberán realizar un rexistro previo no Punto de Información de Vialia Estación de Vigo escaneando o código QR da iniciativa, rexistrándose no formulario e presentando un ticket de compra de importe igual ou superior a 20€ por neno (con data comprendida entre o 1 de agosto e o 31 de agosto 2024).

Poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e deberán acudir acompañados por un adulto que non abandonará a zona da actividade mentres o menor estea na zona de xogo.

Máis

Hora

31 agosto, 2024 12:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events