CAMELIAS

GFFF: Batalla de Programadores

13set20:00GFFF: Batalla de ProgramadoresFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

O Galician Freaky Film Festival ten preparadas tres actividades para ir quecendo o ambiente freak da cidade e atraer ao maior número número de asistentes ao festival. Esta semana celebra a presentación do libro Un viaje por el cine fantástico y de terror, con  Javier Trigales e David Salgado, en FNAC; a primeira edición do Trivia Freak, en Cheyenne; e unha divertida Batalla de Programadores, na Galería Maraca.

A terceira actividade da semana é unha Batalla de Programadores entre os cinco responsables de artellar a programación do Galician Freaky Film Festival. Unha noite de curtas, humor e cervexas que se celebra na Galería Maraca o venres 13 de setembro a partir das 20:00 h . Juan de Castro ‘Herr Direktor’, Miriam Álvarez ‘Lady Reference’, Ignacio Lago ‘Hacker Man’, proxectarán as súas curtametraxes favoritas e chegarán ás mans para alzarse co premio de Mellor Programador GFFF.  

Unha actividade perfecta para novatos e veteranos do festival, no que se poderán visualizar algunhas das mellores curtametraxes que pasaron polo festival e desfrutar do mellor ambiente freak. Ademais, durante a batalla os organizadores adiantarán en exclusiva algunhas das actividades e novidades da inminente edición.

A inscrición ten un prezo de 2,50 € por equipo, e recoméndase formalizala con antelación a través do teléfono 630 06 50 75, ainda que non é estrictamente necesario. 

Máis

Hora

13 setembro, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events