REVISTA ABRIL

50 Aniversario de Teatro Escoitade.

29out20:0050 Aniversario de Teatro Escoitade.ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio CVC Valladares

Detalles do eventos

Este sábado 29 de outubro a partir das 20.00 horas celebrarase o acto central do 50 Aniversario de Teatro Escoitade.

Comezarase coa representación de extractos de 8 das máis de 50 montaxes que levan feitos dende 1972.

Poderase ver: A tía Lambida, Edipo, Un home un pobo, O Cobizoso, Antígona, A Fatídica Festa do Ano da Serpe, Exposición de 4 mementos e Peer Gynt.

Nesta montaxe participan máis de trinta persoas que formaron e forman parte de Teatro Escoitade e que nalgúns casos hai corenta anos que non pisaban un escenario.

Ademais o grupo recibirá o premio Fegatea do ano 2022 das mans da súa presidenta.

Tamén o CVC de Valladares fará entrega dun recoñecemento ao grupo pola súa traxectoria.

As persoas que traballaron en Escoitade a longo deste anos e que nos acompañen no acto recibirán un agasallo ao final.

PROGRAMA ACTO CENTRAL
29 DE OUTUBRO DE 2022
20.05-20.10 APERTURA DO ACTO
20.10-21.40 REPRESENTACIÓN DE EXTRACTOS DAS PEZAS TEATRAIS:
A TÍA LAMBIDA | EDIPO REI | UN HOME UN POBO
O COBIZOSO | ANTÍGONA | A FATÍDICA FESTA DO ANO DA
SERPE | EXPOSICIÓN DE CATRO MEMENTOS | PEER GYNT
21.40-21.50 ENTREGA DO PREMIO FEGATEA A TEATRO ESCOITADE
21.50-21.55 RECOÑECEMENTO AO GRUPO NO 50 ANIVERSARIO POR PARTE DO CVCV
21.55-22.00 ENTREGA DE AGASALLO A ENTIDADES COLABORADORAS
22.00-22.15 ENTREGA DE AGASALLO ÁS PERSOAS QUE PASARON POLO GRUPO
PECHE DO ACTO
FOTO DE FAMILIA

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events