VIALIA
bannerPicnicSesions

40 Aniversario Café Uf: proxección concerto '9 Fugas'

23feb21:0040 Aniversario Café Uf: proxección concerto '9 Fugas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde21:00(GMT+01:00) Café Uf

Detalles do eventos

Polo 40 aniversario do Café Uf proxectarase o concerto filmado na fábrica de Massó da banda sonora do filme ‘9 fugas’, do vigués Fon Cortizo.

A película dirixida por Fon Cortizo parte da banda sonora creada por unha orquestra de improvisación dirixida da que brotaron a historia e as imaxes. Nesta agrupación podemos atopar nomes como David SantosMacarena Montesinos, Xavier Bertólo ou LAR Legido9 Fugas estrutúrase en nove capítulos que son vasos comunicantes a través dos cales un relato líquido discorre coa liberdade da música. Son historias que atravesan as dimensións, onde o pasado improbable, o presente inestable e o futuro negado mírase aos ollos.

Trátase dun musical neo-noir que indaga nas fisuras das lembranzas, na memoria perdida, no oculto, no tempo e na opresión. O filme foi rodado nas asteleiros de Vigo, na enseada de Cesantes, no cargadareiro do Coto Wagner e na illa de San Simón, entre outros lugares. O elenco, con presenza viguesa, está formado por María Roja, Olga Cameselle, Lola Quirós, Alfredo Rodríguez, Areta Bolado, Ailén Kendelman, Noelia Castro e Marta Pérez.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events