Galaxia

febreiro, 2022

Este é un evento repetitivo

08feb20:003ª Mostra de Cine de Montaña: Mendi Tour VigoACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 5,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello

3ª Mostra de Cine de Montaña: Mendi Tour Vigo

Montañeiros Celtas, no seu 80 aniversario, insiste, despois de tantos atrancos covid nos dous últimos anos, en traer á cidade de Vigo unha mostra do mellor cine de montaña, natureza e aventura. Serán tres días de programación, do 8 ao 10 de febreiro esperando que se converta nun clásico encontro da comunidade alpinista e cinéfila, que se fusionen para gozar das películas máis actuais de documentais de montaña, natureza e aventura. Un punto de encontro ideal para inspirar, soñar con novos proxectos e abrir novas perspectivas cos mellores filmes da última edición do Bilbao Mendi Film Festival.
As sesións proxectaranse de 20 a 22 horas no Auditorio Municipal de Vigo. Ademais o día 10 haberá sesión xuvenil de 10:30 a 11:30 orientada a que os colexios acheguen ao alumnado a unha actividade escolar diferente.

Programa:

DIA 8, MARTES

  • Mendiak – 1976. 86 min. Director: Ignasi López. Premio á mellor película de montaña e premio do público Mendi Film 2021. Trailer Mendiak-1976
    Resumo: unha aventura, unha viaxe, un éxito esquecido na memoria. En 1976, un grupo de mozos de Pamplona fixo historia ao acadar con éxito o cume do Shakhaur (7.116m), en Afganistán. Foi “o primeiro setemil vasco”, máis axiña a ledicia converteuse en tristeza. No descenso ocorreu un accidente, finando un dos membros e outro ferido gravemente. Grazas á axuda dunha expedición polaca lograron salvar a vida ao seu compañeiro e esa experiencia fraguou unha amizade que perdura no tempo ata hoxe.

DíA 9, MÉRCORES

  • TXANGO. 20 min. Directora: Tamara Lucarini Cortes.Trailer Txango
    Resumo: Dúas mozas amigas acompañan a outras dúas compañeiras na súa primeira subida ao monte, estreitando os seu lazos de amizade.
  • JÖTUNN. 25 min. Director: Mikel Sarasola. Trailer Jötunn
    Resumo: Islandia, terra de fogo e xeo, é un dos lugares con maior concentración de fervenzas do mundo, o que o converte nun dos referentes para a práctica do Kayak extremo. Aínda así, dada a dificultade, os ríos inaccesibles e o duro clima, non é un territorio moi frecuentado, sendo grande o queda por explorar neste deporte. Tres amigos pretenden adentrarse en novos vales para explorar ríos e fervenzas nunca antes descendidas, e o non saber que podes atopar trae sempre sorpresas, e non sempre as que esperas.
  • BLACK ICE. 45 min. Director Zachary Barr & Peter Mortimer. Premio á mellor película de escalada Mendi Film 2021. Trailer Black Ice
    Resumo: Nada se interpón no camiño dun grupo de escaladores negros dun dos barrios máis pobres de Memphis, Tennessee (EEUU). Viaxan á xeadas terras salvaxes de Montana, onde os mentores Manoah Ainuu, Conrad Anker e Fred Campbell comparten con eles o seu amor polas aventuras invernais nas montañas.

DÍA 10, XOVES

  • MELTING LANDSCAPES GLACIARES. 8 min. Director: Pepe Molina Cruz. Premio mellor cortometraxe Mendi Film 2021. Trailer Melting Landscapes
    Resumo: O constante derretemento dos glaciares no planeta e a súa relación co cambio climático, reflectido na Antártida, Arxentina, Chile, Groenlandia e Islandia. Somos testemuñas dun cambio sen retorno, cada partícula de xeo que de funde nos glaciares acércanos lentamente a unha incerta alteración.
  • AMAGANA. 14 min. Director: Jon Goikoetxea López de Alda & Iker Larrañaga. Trailer Amagana
    Resumo: A localidade natal de Itziar Zabala, escaladora profesional de Dima, e a súa traxectoria deportiva teñen a súa orixe nas paisaxes biscaíñas, sempre con Baltzola como refuxio. A súa é unha historia que comeza e se desenvolve en Baltzola, nas súas entrañas, na que colgan doces historias de paixón e agrias vivenzas de desamor. Historias que, en calquera das súas formas sempre alimentaron a alma de Itziar Zabala, e que se mecen ao son da voz e das cancións de Bihotz Gorospe.
  • ACTION DIRECTE. 16 min. Director: Zachary Barr & Josh Lowell. Trailer Action Directe
    Resumo: A escaladora francesa Melissa Le Nevé é a primeira muller que encadeou a icónica vía “Action Directe”, de 9a. Durante anos dedicouse en corpo e alma a ese obxectivo, ata o punto de deixar de competir na Copa do Mundo de bloque, na que é unha das mellores especialistas. “Action Directe”, en Frankenjura (Alemaña) foi encadeada por vez primeira polo alemán Wolfgang Güllich en 1991, estreando así o noveno grado de dificultade no mundo. Desde entón, só uns poucos homes lograron encadealo e moitos non crían que unha muller puidera facelo.
  • FIRE IN THE FINGERS. 22 min. Director: Toni Arbones.Trailer Fire in the fingers
    Resumo: Toni Arbones é o padriño de Siurana, unha das mellores zonas de escalada do mundo. Creceu en Cataluña e namorouse das montañas desde cativo. Alimentou a súa paixón por crear rutas de escalada primeiro en España e logo en Marrocos, China e máis alá. De pequeno soñaba con ser astronauta, e o seu entusiasmo pola escalada en rocha é unha constante nun Universo cambiante.
  • THE TRAVERSE. 34 min. Director: Ben Tibbetts. Premio Especial do Xurado Mendi Film 2021.Trailer The Traverse
    Resumo: Valentine Fabre e Hillary Gerardi, dúas atletas de clase mundial, tratan de ser as primeiras mulleres en esquiar a Haute Route sen escalas desde Chamonix ata Zermatt. O esposo de Valentín establecera o récord masculino pouco antes dun fatal accidente de montaña, polo que completar o reto será unha homenaxe á súa memoria. Hillary é unha compañeira capacitada para esta esixente e emotiva viaxe. A súa experiencia como corredora de montaña profesional compensa a súa relativa inexperiencia no esquí de montaña.

PREZOS:Bono 3 días: 12€Venta anticipada (ata 24h antes da sesión): 5€Venta en billeteira: 6€

Máis

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X