FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
Detalles do eventos
Consulta toda a programación premendo aquí. A finais dos 90, Juanjo Amoedo como presidente da Asociación de Veciños de Redondela iniciou
Detalles do eventos
Consulta toda a programación premendo aquí.
A finais dos 90, Juanjo Amoedo como presidente da Asociación de Veciños de Redondela iniciou as xestións oportunas para celebrar o primeiro Festival Internacional de Títeres de Redondela (Pontevedra), pero un desgraciado accidente truncou os seus desexos.
Tralo seu falecemento diferentes colectivos da vila (Redondela, 30.000 habitantes), uníronse e decidiron seguir adiante coa idea iniciática de Juanjo e fundaron a Asociación Xente Titiriteira co único obxectivo de levar adiante un Festival de Títeres en memoria de Juanjo Amoedo.
Xa van 20 edicións e converteuse, sen dúbida algunha, nun dos acontecementos culturais máis importantes de toda Galicia.
O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 1 ao 6 de setembro contribuíndo como motor social e económico ao transmitir normalidade e esperanza.
A organización do evento mantén a vocación internacional do Festival, presentando nesta ocasión os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Arxentina e tamén de Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-León e Galicia (entre outras).
Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.
Máis
Hora
1 setembro, 2020 20:00 - 6 setembro, 2020 21:30(GMT+01:00)
Localización
Redondela
Paseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra