REVISTA ABRIL

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA

01set20:0006(set 6)21:30FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELAFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00 - 21:30 (6)(GMT+02:00) Redondela

Detalles do eventos

Consulta toda a programación premendo aquí.

A finais dos 90, Juanjo Amoedo como presidente da Asociación de Veciños de Redondela iniciou as xestións oportunas para celebrar o primeiro Festival Internacional de Títeres de Redondela (Pontevedra), pero un desgraciado accidente truncou os seus desexos.

Tralo seu falecemento diferentes colectivos da vila (Redondela, 30.000 habitantes), uníronse e decidiron seguir adiante coa idea iniciática de Juanjo e fundaron a Asociación Xente Titiriteira co único obxectivo de levar adiante un Festival de Títeres en memoria de Juanjo Amoedo.

Xa van 20 edicións e converteuse, sen dúbida algunha, nun dos acontecementos culturais máis importantes de toda Galicia.

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 1 ao 6 de setembro contribuíndo como motor social e económico ao transmitir normalidade e esperanza.

A organización do evento mantén a vocación internacional do Festival, presentando nesta ocasión os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Arxentina e tamén de Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-León e Galicia (entre outras).

Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.

Máis

Hora

1 (Martes) 20:00 - 6 (Domingo) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Redondela

Paseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra

Other Events