CAMELIAS MASCOTAS

Estas son as ArtistAs de Davida no Casco Vello

Por segunda semana consecutiva, resolvemos o misterio. As catro ilustracións de Davida situadas no Casco Vello pertencen a Magdalena Gamallo, Marginha Margança, Cora Velasco e Beatriz Blanco. Lembrade que participar nesta busca do tesouro ten premio!

MAGDALENA GAMALLO – Ferry’s (R/ Chao 13)

A música e o canto estiveron sempre presentes na súa vida, desde ben pequena. No ano 2015 inicia a súa formación en técnica vocal co contratenor e profesor, Ramón María Vázquez García na escola de música Atempo (Pontevedra). É nese mesmo ano cando se une ao proxecto Nota Bene, grupo redondelán formado por Lolo Nantes e Seve Fervenza. Con este proxecto estréase profesionalmente, actuando en diferentes locais e salas ao longo de dous anos. Nese mesmo tempo, únese ao coro Vía Sete de Pontevedra, dirixido por Lucas Rei. Tamén participa na gravación do tema “Babuino” do disco “En Cabárceno se sigue cantando” (2015) de Susa Herrera, producido por Carlos Calviño. No ano 2016 forma a banda musical “Os Meninos”, xunto cos guitarras Roberto Marqués e Iván Barreiro. No 2019 intégrase na formación o contrabaixista e guitarra Bieito Álvarez. E en formato cuarteto estréanse en Portugal, na Feira do Alvarinho de Monção.

MARGINHA MARGANÇA – La Sabrosa (R/ Teófilo Llorente 10)

Margarita Quintela Baluja, música e educadora ambiental; como boa compostelana, a súa traxectoria musical comenzou tocando a bandurria nas tunas infantiles de Santiago nos anos 80. Realiza os estudos profesionáis de Violoncello e Guitarra Clásica, nos que se titula nos Conservatorios de Santiago e Arzúa. Realiza tamén estudos profesionáis de Canto Lírico e Flauta Traveseira nos Conservatorios de Arzúa e Melide. No ámbito da música tradicional completa a súa formación en Percusión e Canto Tradicional, na Etrad e na Central Folque, ademáis de participar en cursos e obradoiros monográficos impartidos por músicos do país. A súa traxectoria profesional está orientada as músicas lusófonas: forma parte da banda Alberto Mvundi (música de raíz angolana) como baixista, charango e segunda voz, ademáis de outros instrumentos da tradición africana com kisange ou mbirimbao e participa no proxecto do harmonicista e compositor galego Xico de Cariño (música lusófona e galega de autor), como baixista e vocalista.

CORA VELASCO – Lume de carozo (R/ Joaquín Yáñez 5)

Telonear a Jorge Drexler en Pontevedra, a súa cidade natal, cámbialle a vida. Tras varios anos como Cora Sayers, a música pontevedresa decide dar un xiro á súa carreira, empezando por adoptar o seu nome propio. Publica o seu primeiro álbum en decembro de 2018 baixo o título de Sortilegios e preséntao en febreiro do ano seguinte en Disco Grande, xunto a Julio Ruiz. Estas 7 cancións lévana ao Teatro Principal de Pontevedra, a telonear a Luz Casal na Festa do Albariño de Cambados e a festivais como Portamérica, 17º Ribeira Sacra, Festival de la Luz e Solpores do Museo con Joe Crepúsculo, en Vigo. A finais de agosto estrea o seu novo single, “Ojos nuevos” (gravado no estudo do Náutico de San Vicente, dentro das Sesións Náuticas) unha vez máis da man de Julio en Disco Grande. Actualmente atópase preparando unha xira de presentación de Sortilegios por salas de Galicia, mentres segue compoñendo con vistas a un novo álbum.

BEATRIZ BLANCO – R/ Teófilo Llorente 37

REVISTA NOVEMBRO

Acordeonista. Iniciouse no mundo da música aos 35 anos de xeito autodidacta co método do acordeonista francés Alain Pennec, logo de que o seu irmán Xabier Blanco lle espertara a curiosidade polo acordeón diatónico. Máis tarde comezou a recibir aulas de repertorio tradicional na A.M.T. Follas Novas con Alexandre Cadarso. Desde o 2008 a súa formación instrumental e musical descorre da man de Pedro Pascual, quen a achegou ao eido da harmonía contemporánea. Participou, ademais, en diversos obradoiros con Alain Pennec, Artur Fernandes ou Sophie Cavez. Impartiu aulas de acordeón diátonico na A.M.T Follas Novas durante catro anos. Formou co seu rimán o grupo Tiberevi Dúo de música tradicional que explora e atopa novos sons gracias aos seus acordeóns diatónicos cos que crean un universo único e propio.


Cada semana subiremos unha serie de pistas para que atopedes ás ArtistAs de cada barrio. As primeiras persoas en atopar e fotografar todas as obras recibirán unha copia do libro ArtistAs asinado por Davida. Quen saque fotos ás Artistas dun só barrio, entrará no sorteo do mesmo libro. E, por último, quen sexa o primeiro en sacar unha foto de calquera das obras gañará unha lámina do debuxo en cuestión desta singular exposición. Ao subir a foto a Instagram ou Facebook tedes que poñer o hashtag #ARutaDasArtistas e etiquetarnos a Davida (@davidavgo) e a nós (@amovidavigo).

Consulta aquí as do barrio Casablanca.