CASAACUNHA

Eladio y los Seres Queridos recupera un clásico galego da man de Deleite

Se no mes de marzo anunciabamos a Grampoder como novo integrante de Puro Deleite, desta volta tócalle a Eladio y los Seres Queridos co tema O sacristán de Coimbra. O proxecto no que Deleite Galego reúne a bandas e artistas do noso panorama musical co obxectivo de homenaxear aos grandes referentes pop da historia de Galicia continúa así conformando a súa lista, que xa conta con oito artistas. A banda viguesa actúa este sábado na Sala Reverb da man de Vibra Mahou.

Uka, Eladio y David Outomuro en una foto promocional | P. Vázquez

Eladio y Los Seres Queridos é unha banda de indie pop de Vigo que naceu no ano 2005. En 2011 publicaban o LP Están Ustedes Unidos no que se atopaban cancións que, a día de hoxe, xa son clásicos do indie nacional como El tiempo futuro ou Non quero perderte. No ano 2016 (tamén coa colaboración de Deleite) sacaron á luz Cantares. Un disco de cancións galegas imprescindibles de artistas como Andrés do Barro ou Emilio Cao e de bandas como Fuxan Os Ventos. No Nadal de 2019 tamén gravaron unha versión da panxoliña ‘No pendello’ na Casa de Arriba para a empresa galega.

Banner A Movidiña

Nesta ocasión a canción escollida para ser obxecto de reinterpretación non é outra que ‘O sacristán de Coimbra’. Un clásico popular coñecido por todos e versionada por artistas da talla de Susana SeivanePilocha ou Suso Vaamonde. Con esta reinterpretación mesturan un son clásico con guitarras actuais e minimalistas. Un retrouso cunha letra coñecida por todos convértese nun rock and roll bailable e que contrasta á perfección coa estrofa. A banda respecta de xeito fidedigno e, como non podía ser doutra maneira, a melodía orixinal tan característica do tema.

A banda viguesa súmase así a Puro Deleite. Unha lista xa conformada pola ‘Muinheira de Chantada’ de Verto, ‘Por última’ vez de Ataque Escampe, ‘Xuntos’ da Familia Caamagno, ‘O Tren’ de Ale, ‘Miña Terra Galega’ de Radio Océano, ‘Quen poidera namorala’ de Paloma e ‘Anduriña’ de La Casa de los ingleses e ‘O Lobo’ de Grampoder. Puro Deleite, culminará coa edición dun disco completo neste 2023.

Tamén podes ver o vídeo que gravamos a Eladio Santos e Adrián Blanco no restaurante Centeno interpretando ‘Academia’.