Ed Sheeran, Loreena McKennitt, Bomba Estéreo e Milky Chance actuarán no Gozo Festival o próximo verán
A banda alemá Milky Chance únese á xornada do Gozo Festival na que actuarán Ed Sheeran e Bomba Estéreo. A Vigo o festival chegará coa actuación de Loreena McKennitt, artista canadense referencia da música celta. As entradas para ambas citas están xa á venda.
O festival Gozo Festival celebrou a súa primeira edición en 2023 coas actuacións estelares de Robie Willians en Santiago; Zaz na Coruña e Robert Plant en Ourense; entre unha ducia de artistas. Este ano repiten modelo: unha gran cita no Monte o Gozo compostelán e outros concertos de artistas internacionais espallados pola xeografía galega. Polo momento coñecemos a catro dos artistas que participan neste novo gran festival galego. Ed Sheeran, Milky Chance e Bomba Estéreo estarán o 6 de xullo no anfiteatro a ceo aberto de Santiago, mentres que Loreena McKennitt actuará o día 10 do mesmo mes no Auditorio Mar de Vigo.
A cantante, compositora, pianista e arpista canadense Loreena McKennitt é unha das máximas referencias dentro da música folk de raíces celtas, inspiradas da súa ascendencia irlandesa. Loreena visitará Vigo na xira de aniversario do seu álbum The Mask and the Mirrow, co que se consoluidou na escena folk internacional hai tres décadas.
No seu espectro musical tamén econtramos ritmos e estilos doutras partes do mundo, como o Mediterráneo, Escocia e o sudeste asiático. Ademais McKennitt citou en varias ocasións Galicia e a súa tradición musical como referentes na súa música, como demostra a canción ‘Santiago’, incluida no disco The Mask and Mirror. Pasaron máis de 15 anos desde a súa lendaria actuación na Praza da Quintana da capital galega e en 2024 chegará o momento de vela de novo nos nosos escenarios. As súas actuación son coñecidas pola espiritualidade amosada pola artista quen, desde a súa voz, piano e arpa é quen de transportar aos espectadores a outros mundos.
As entradas para o triple de concerto de Ed Sheeran, Bomba Estéreo e Milky Chance, das que se venderon 25.000 no primeiro día, están dispoñibles na web do festival a partir de 95,00 €. As entradas para o concerto de Vigo están á venda na plataforma teuticket a partir de 46,00 €.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Piacere, mirando o mar - 11 Decembro, 2024
- Alium, con gusto e sen glute - 7 Decembro, 2024
- 70 anos de sabor: Pereira publica un receitario creado por Rafa Centeno e Inés Abril - 4 Decembro, 2024
- Omichi: o camiño do bo ramen - 28 Novembro, 2024
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024