A cultura viguesa despide nas redes a Domingo Villar
O autor de A praia dos afogados finou esta mañá a causa do infarto cerebral que sufriu 40 horas antes con só 51 anos de idade. Domingo Villar, vigués, referente da novela negra en Galicia e España e pai literario do inspector Leo Caldas, deixa un fondo pesar en quen o tratou persoal e profesionalmente.
Escritores e outras voces da cultura viguesa despedíronse do escritor trala súa prematura morte, tan só un día despois do Día das Letras Galegas. Unha das primeiras mensaxes en aparecer foi a do xornalista e escritor Manuel Rivas que dedicou a Villar dous versos do seu último poemario O que fica de fóra e que casan á perfección coa omnipresencia da Ría de Vigo nas novelas de Domingo Villar e o cariño que lle profesaba.
En lembranza de Domingo Villar:
Eu, como o mar,
non quería morrer.— manuel rivas barrós (@Rivasbarrs) May 18, 2022
Ledicia Costas tamén se uniu ao lamento e as condolencias á familia do autor con este chío e un segundo no que amosa unha fotografía dos dous xunto a Pedro Feijoo e María Oruña.
Conmocionada pola morte de Domingo Villar, un home xeneroso e brillante. O escritor da alma azul, con Vigo sempre no corazón. Todo o meu afecto para a súa familia e persoas queridas e para as súas casas literarias, a Editorial Galaxia e Siruela💙@EdGalaxia @edicionesiruela
— Ledicia Costas (@LediciaCostas) May 18, 2022
A mesma María Oruña, colega na escritura de thrillers e que hoxe publica a súa nova novela, El camino del fuego, dedicou un momento a lamentar a perda de Domingo Villar a quen describiu como un home “discreto”, algo no que coinciden varias das mensaxes de adeus que puidemos ver ao longo da xornada.
No pudo ser.
Se nos ha ido un caballero, y no solo de las letras.
Un hombre educado, discreto, y con una imaginación desbordante.
Lamento muchísimo esta pérdida. Mi pésame para su familia y para todos los que lo apreciaban. https://t.co/fJDhmuevmQ— María Oruña (@maria_oruna) May 18, 2022
De mesmo xeito, a escritora vasca Dolores Redondo, autora da triloxía de Baztán, sentía a perda e animaba a todas as persoas que boten de menos ao escritor a reencontrarse con el a través da lectura dos seus libros.
Muere Domingo Villar. Se va un hombre bueno.
Estoy desolada por la pena, y no dejo de pensar en su familia.
Mi homenaje será a su magnífica obra literaria.
Uníos a mí leyendo y releyendo sus libros. En ellos volveremos a reencontranos.
Ha sido un honor conocerte. pic.twitter.com/nSvCYKhvIc— Dolores Redondo (@DoloresRedondoM) May 18, 2022
Pedro Feijoo dedica ao seu amigo unha palabras escritas a man ao tempo que lamenta non poder consultarlle se son as correctas.
Como tantas otras veces, ojalá pudiera consultar con Domingo cuáles son las palabras que le dan forma a este dolor. Cómo se despide uno de un amigo… pic.twitter.com/j6RAFH4jWD
— Pedro Feijoo (@pedrofeijoo) May 18, 2022
Francisco Castro, director da Editorial Galaxia na que Domingo ten publicadas as novelas sobre o inspector Leo Caldas e o seu último libro de contos, dedicoulle unhas palabras “de urxencia” no xornal La Voz de Galicia, onde o alzou como “a demostración palpable e concreta de que a literatura galega podía triunfar no mundo”.
NA CASA DE DOMINGO VILLAR, BALEIRA
Escribín estas liñas urxentes para La Voz de Galicia en lembranza do meu amigo Domingo Villar.https://t.co/VVe1wA7Whc— Francisco Castro (@chamademesimbad) May 18, 2022
Rafa Valero, codirector de Cíes Podcast amosábase desfeito polo pasamento do colaborador do programa, a quen consideraba o seu “confesor, guía, referente, una persona imprescindible en mi vida…”. Por primeira vez en tres anos e medio de andaina do proxecto, hoxe Valero e Guada Guerra non colgarán un programa na web do seu podcast.
Lo hemos intentado pero no podemos. Nuestro dolor nos lo impide. Hoy, por primera vez, no colgaremos capítulo de @CiesPodcast. Ha muerto nuestro amigo y fiel colaborador #DomingoVillar. Mañana colgaremos capítulo y, en su primera parte, le homenajearemos. Nunca te olvidaremos pic.twitter.com/wud4zb9SXP
— CÍES Podcast (@CiesPodcast) May 18, 2022
Iván Ferreiro rememorou algúns dos momentos vividos xunto ao escritor co que se atopaba acotío nos bares e ao que describe como “una persona sensible e inteligente que se interesaba por saber cómo pensábamos y sentíamos los demás” e lamenta non terse detido a charlar con el a última vez que se cruzaron.
Hoy se ha ido Domingo Villar.
Cuando éramos niños estaba en clase de mi hermana, pero al crecer nos encontrábamos por las noches.
Recuerdo tener unas charlas maravillosas e interesantes.
Dos tipos creciendo y analizando la vida. ⬇️— iván ferreiro (@ivanferreiro) May 18, 2022
No eido político tamén se sucederon os pésames con mensaxes de Abel Caballero, Ana Pontón, Pedro Sánchez e Carmela Silva . Tampouco as institucións e editorias deixaron pasar a ocasión de amosar a súa conmoción e desde a Real Academia Galega, a Editorial Galaxia e a Editorial Siruela (que publicaron os libros de Villar en galego e castelán, respectivamente) twiteáronse mensaxes de despedida e recoñecemento a esta gran figura da literatura galega, especialmente no xénero da novela negra.
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento do escritor Domingo Villar, autor dalgúns dos maiores éxitos das letras galegas do século XXI. Enviámoslles todo o noso afecto á súa familia e amizades. Que a terra lle sexa leve. https://t.co/ew7sOmq8Yf
— Real Academia Galega (@AcademiaGalega) May 18, 2022
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024
- Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal - 12 Novembro, 2024
- Tea Talk, un sorbo de Asia no corazón da cidade - 7 Novembro, 2024