Doce locais de Irmandiños únense para celebrar o Entroido
Esta fin de semana a troula está asegurada en Irmandiños. Varios locais da propia rúa Irmandiños e de Martín Códax únense para celebrar o Entroido por todo o alto. Os que vaian disfrazados poderán participar nun concurso con premio sorpresa!
O venres 9 e o sábado 10 celébrase o Entroido Irmandiño en 12 locais da zona: Mala vida, Brewing Records, La Casa de Arriba, Tinta Negra, Sala Magnética, Cantina Candela, Sala Doppler, The City, Apiramoria, Bar Batallón, Cousa Irmandinhos e Bizarre. Todas estas salas ‘ermánanse’ para recuperar o espírito carnavaleiro e que todos os asistentes pasen unhas noites cheas de: troula, escarnio e máscaras.
Para animar a xente a que vaia disfrazada haberá un concurso de disfraces con premio sorpresa!
Como participar no concurso:
Disfrázate e pásate por un dos locais que participan nesta festa (ou por todos). En cada un dos locais haberá un photocall: posa diante del, sácate unha foto e súbea ao concurso de Facebook de A Movida A foto que acade máis gústames antes do mércores de Cinza (día 14) será a gañadora!
Apúntate ao evento de Facebook para estar ao tanto de todos os detalles: https://www.facebook.com/events/182192699219813/