VIALIA
bannerPicnicSesions

Artistas galegos únense nun gran concerto para despedir ao Pergamiño Vindel

Este sábado o mellor da música galega reúnese no Teatro García Barbón para despedir ao Pergamiño Vindel que volve para a Morgan Library de Nueva York. No concerto participarán trobadores e trobadoras deste século que coa súa música escriben este novo pergamiño que é o ‘Primer elepé vigués’. Doce artistas pertencentes a tres xeracións distintas que veñen reivindicando que dende Martín Codax á actualidade Vigo é cuna de músicos.

No acto presentado pola compositora e cantante Lydia Botana, actuarán artistas veteranos como Pablo Novoa, Nico Pastoriza ou Víctor Coyote. Tamén haberá unha representación desa segunda xeración de trobadoras e trobadores, herdeiros directos da movida como son Iván e Amaro Ferreiro, Eladio Santos, Rosa Cedrón e Susana Seivane. A xeración máis nova estará representada por mulleres que veñen pisando forte: Wöyza, Patricia Moon e Lucía Martínez baixista de Agoraphobia.

Dende A Movida facemos as nosas apostas para tentar debullar que temas soarán o vindeiro sábado. Sabendo que non faltarán as colaboracións entre diferentes artistas e que de ben seguro haberá moitas sorpresas, estas son as cancións que nos arriscamos a dicir que non faltarán.

REVISTA ABRIL

A porra de A Movida:

A versión do tema ‘Lágrimas’ de Golpes Bajos interpretada por Pablo Novoa e Wöyza sería unha boa e merecida homenaxe a un dos grupos máis representativos da movida viguesa. Non sería a primeira vez que veriamos a Nicolás Pastoriza e os irmáns Ferreiro compartindo escenario, será ‘Plutón’ o tema escollido?. Se a homenaxe a Copini non vén con ‘Lágrimas’ quizáis Pablo Novoa e Víctor Coyote interpreten ‘Alien Divino’. Estamos convencidas que a colaboración de Rosa Cedrón e Eladio Santos para interpretar ‘Quen poidera namorala’ sería puro deleite. Nesta mesma línea o dúo Santos-Coyote co tema ‘Havemos de ir a Viana’ podería funcionar moi ben. Extrañaríanos que non soara ‘El tiempo futuro’, que xa é todo un himno da nosa cidade. Outros temas que dende A Movida apostamos que soarán no García Barbón este sábado son: ‘Si de mí’ de Wöyza, ‘El pensamiento circular’ de Iván Ferreiro, ‘Oxytocin’ de Patricia Moon, ‘Terra de Loitadoras’ de Susana Seivane e ‘Zero’ de Agoraphobia. Que opinades vós?

Lista de reproducción cos temas que A Movida cre que soarán este sábado:

(GMT+01:00) Teatro Afundación