CAMELIAS MASCOTAS

Dez premiados vigueses no certame Xuventude Crea

Xa coñecemos os gañadores e finalistas da última edición do Xuventude Crea, o concurso organizado pola Xunta de Galicia que busca dar a coñecer e incentivar aos novos creadores galegos. Como vén sendo habitual cada ano, a mocidade viguesa goza dunha notable presenza no palmarés.

As Guapilongas, gañadoras da categoría de Teatro coa obra ‘Pradzno’ | Cedida

Xuventude Crea é o certame de novos creadores que convoca anualmente a Xunta de Galicia coa finalidadade de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, e fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas seguintes especialidades: Artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación. 

Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer a estes novos talentos e ás súas obras nun amplo abano de especialidades, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e fomentar entre os mozos/as actividades de ocio e tempo libre saudable.

Dez premiados vigueses

REVISTA NOVEMBRO

Que mocidade viguesa está chea de talento e ganas de facer cousas era algo que xa sabiamos, e estes 11 recoñecementos son unha boa mostra diso. Na categoría de Artes Plásticas, os dous primeiros premios foron paran para os vigueses Abraham Alonso e Yuxara Covelo, primeiro e segunda respectivamente. O propio Abraham tamén obtivo unha mención de honra na categoría de Arte Urbana, onde o terceiro e segundo posto tamén foi caer a mans locais: Jorge Riveiro e Pedro Gonzalo.

Tamén temos representación en Banda Deseñada, concretamente outro ouro: Pablo Pereira con O misterio do faro. A olívica Mª Madelen Ramos obtivo un meritorio terceiro posto en Deseño de Xoias, a mesma posición de Noemi Comesaña en Moda e Miguel Cavadas en Novela Curta. Por último, outros dous primeiros premios: Miguel López en Videocreación e Isolda Comesaña en Teatro. Noraboa a todos eles!

Podes consultar a lista completa aquí.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.