Dez plans para desfrutar desta fin de semana en Vigo
Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 6 ao 8 de outubro. Aínda quedan festexos ao aire libre, ao tempo que a volta á rutina chega ás salas de música e teatro que comezan a activar a súa programación. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
LUZ CASAL – Venres e sábado ás 20:30 h no Teatro Afundación – Desde 40,00 €
A artista, referente indiscutible da música popular europea, vén de publicar Las ventanas de mi alma, con doce temas que oscilan entre o rock e os sons máis clásicos.
ESPECTÁCULOS DE RÚA – Venres e sábado ás 20:00 h diante do MARCO – De balde
Arranca a programación muncipal de teatro Vigocultura e, como é habitual, faino con dous espectáculos para todos os públicos na rúa do Príncipe. O venres Pablo Méndez Performance traerá un espectáculo de altura, ‘Sobe aos teus soños’ e o sábado a Compañía Troula animará o barrio coa colorida ‘Psycodelia’. Neste artigo hai información sobre todos os espectáculos da tempada.
PINTEMOS PECES – Sábado de 10:00 a 14:00 h en El Local – Desde 40,00 €
Obradoiro de debuxo a cargo de Sara Carrasco, ilustradora especializada en fauna e flora marina e cofundadora de 13 grados. Realízase no taller de arte e natureza El local, do que falamos neste artigo.
MERCADO RECICLADO – Sábado de 12:00 a 21:00 h no Coworking Simia – De balde
O sábado 7 de outubro temos a nosa cita mensual co Mercado Reciclado en Simia Coworking, un proxecto cargado de arte, cultura e conciencia con postos de deseño e segunda man. Ademais de postos de venda de roupa, haberá comida e as actuacións de Constance Hurlé, Comandante Saiz e Joao Paulo con Luisma.
FESTA REI ZENTOLO – Sábado ás 12:00h na tenda da rúa Príncipe – De balde
A tenda de camisetas con retranca fai 20 anos e celébrao coa presentación do libro Antes molábamos máis e os concertos de Lagharteiras e a DJ Teresa Ferreiro. Ademais prometen un agasallo a todo aquel que se achegue, petistos e cervexas.
XOEL LÓPEZ – Sábado ás 17:00 h na Fnac – De balde
O artista coruñés Xoel López presenta o seu novo disco Caldo Espírito na Fnac de Vigo. Interpretará algúns destes novos temas en acústico e asinara o álbum.
COMO SER SUPERWOMAN Y NO MORIR EN EL INTENTO – Sábado e domingo ás 20:00 h na Sala Ártika – Desde 10,00 €
Espectáculo dentro do ciclo Comediártiko. Cando un cre que non pode máis e que non hai saída, sempre pasa algo onde o derradeiro instante sálvanos. Tocas fondo, si, pero rexordes e con sorte acabas por salvarte de ser unha Super Woman por imposición.
RUB A DUB CORNER – Sábado ás 00:00 h na Sala Kominsky – 5,00 €
O madrileño Lasai é o convidado desta cita mensual coa música reggae e dub capitaneada polo colectivo Ital Roots.
CARREIRA SOLIDARIA ASPANAEX – Domingo con saída ás 10:30 h en Castrelos – Desde 3,00 €
Nova edición da Carreira Solidaria de Aspanaex, unha marcha circular de 6 km polas rúas de Vigo con saída e chegada no palco exterior do Parque de Castrelos. O prezo das inscricións é de 5,00 € adultos e 3,00 € para menores de 10 anos e persoas con discapacidade.
FEIRA DE DISCOS E COLECCIONISMO MUSICAL – Domingo de 11:00 a 23:00 h en Jukebox – De balde
O bar musical da zona de Rosalía de Castro organiza a terceira edición desta feira de vinilos, CD e calquera outro formato de música, tanto novos como de segunda man. Nesta ocasión contarán coa presenza de profesionais de Portugal. durante o evento proxéctanse vidoclips e documentais sobre vinilos.