GFFF
GFFF

Vigocultura volve en outubro con 26 espectáculos

O programa municipal de artes escenas, Vigocultura, programa 26 espectáculos para adultos e público familiar, que se desenvolverán entre os meses de outubro e decembro no Auditorio Municipal. Propostas de humor, maxia, teatro, danza, poesía, circo ou monicreques.

Presentación duha edición anterior de Vigocultura | P. Cermeño

A programación de Vigocultura é para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 6 de outubro ao 17 de decembro, Vigo contará con 26 compañías cunha aposta polos grupos vigueses, galegos e con presenza de espectáculos do resto de España.

Os espectáculos para público adulto serán os venres e sábados e para o público familiar os domingos. A edición de outono de “Vigocultura” comezará na rúa do Príncipe o venres 6 e o sábado 7 e o resto do programa desenvolverase no Auditorio Municipal.

PROGRAMACIÓN

– Venres 6 outubro: Pablo Méndez Performances: “Sobe aos teus soños” – espectáculo de rúa

– Sábado 7 outubro: Troula: “Psychodelia” – espectáculo de rúa

– Venres 13 outubro: Natalia Outeiro “Isolada” – clown con poesía

– Sábado 14 outubro: Migallas Teatro: “Falemos como galegas”- humor

– Domingo 15 de outubro: Festuc Teatre: “Lámpara marabillosa” – teatro, marionetas

– Sábado 21 outubro: A Feroz: “Frío” – teatro

– Domingo 22 outubro: L’Auténtica “Oh uh ei! tierra, aire, fuego, agua” – instalación

– Venres 27 e sábado 28 outubro: Jazmín Abuín presenta “A rir a Vigo” con monólogos de Agustín Jiménez, Álex Salaberri e Bianca Kóvacs

– Domingo 29 de outubro: TALÍA Teatro: “Voa, voa” – teatro familiar

– Venres 3 novembro: Chicharrón Circo Flamenco “Sin Ojana” – circo con malabares e clown, flamenco e teatro

– Domingo 5 novembro: Xanela do Maxín “Coliño” – espectáculo para bebés, inmersivo, visual, musical e marionetas (de 0 a 3 anos)

– Venres 10 novembro: Óscar Cobos Compañía de Danza: “Bailador”

– Sábado 11 novembro: Ibuprofeno Teatro: “Deazpan Karaoke”

– Domingo 12 novembro: Maxia na Manga: “A Igualdade non ten truco” , con Sara Rodríguez e Carlos Tomico – maxia

– Sábado 18 novembro: “SEIS, Lorca en Galicia” – espectáculo audiovisual con música en directo e videocreación

– Domingo, 19 de novembro: A BALDUFA: “La fábula de la ardilla” – teatro familiar

– Venres 24 novembro: Compañía Pepa Plana: “Se tú te vas” – espectáculo clown

– Sábado 25 novembro: Laboratorio escénico “Blues de medianoite-Versión Estendida” – espectáculo multidisciplinar de danza, música e teatro

– Domingo, 26 novembro: luz, micro e punto: “Años luz” – teatro de sombras

– Domingo 3 decembro: Guayominí: “CaLORCALor” -teatro contemporáneo

– Sábado 9 decembro: Producións Teatrais Excéntricas: “Ou auto do Castromil” – teatro comedia

GNIGHT

– Venres 15 decembro: Cantigaéverso: Francisco Castro e Federico Welicki – espectáculo de poesía musicalizada

– Sábado 16 decembro: Vaivén Producións “Redada familiar”- teatro comedia

– Domingo 17 decembro: Teatro Paraíso: “Ventanas” – teatro

A compañía viguesa Magia en la Maga | P. Vázquez