Skip to content
LINEAS DISCONTINUAS
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
  • Faite Amovidalover
  • Faite Amovidalover
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • A Reconquista
      • Entroido
      • Nadal en Vigo
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
REVISTA FEBREIRO
  • Espectáculos_cat

David Amor: “O da sorte é unha escusa de mediocres”

Publicado o 14 Febreiro, 2019 por Tamara Novoa

No día do Amor ninguén mellor que David Amor para pasar a xornada. Segundo el mesmo afirma, o mellor acto de amor á facer rir alguén. O humorista de Salceda de Caselas actúa hoxe ás 22:00 horas no Espazo Mahou do Urban Market do Progreso. É o segundo espectáculo dentro do ciclo de monólogos ‘Los jueves de humor en Progreso 41’. A proposta de Maestra de Mahou para encher de humor os xoves de febreiro.

XORNADA XUNTA

Por que Amor como apelido artístico?
Foi cousa dun programa no que estiven na galega, historia vella, e dixeron que tiñan que poñerme nome artístico e decidíronse por Amor.
Así que non tiveches nada que ver na decisión?
A min pareceume ben. Valíame todo con tal de traballar.
Vaiche moi acaído para a túa actuación de hoxe.
Vai perfecto, igual foi todo unha confubalación para que cadrase así neste espectáculo [risas].
Haberá algo de amor no teu show de mañá?
Sempre, o humor, as risas son sempre amor. Que acto de amor pode haber mellor que facer rir a alguén?
Estiveches actuando precisamente no mesmo sitio fai cousa dun ano. Será o mesmo espectáculo ou será un espectáculo renovado?
Será un espectáculo moi similar. O espectáculo novo vai ter que esperar o ano próximo.
En que buscas inspiración para encher hora e media de monólogo?
Cando tes que falar tanto tempo buscas inspiración en todo. Dende anécdotas persoais, anécdotas escoitadas, como cousas inventadas. Hai un momento no que se mestura todo e mellor que non estea moi claro que é realidade e que é mentira.
Fas referencia a actualidade política ou social?
Non, senón es moi escravo diso. Podo meter algún guiño dependendo do inspirado que estea.
Haberá algunha alusión a Vigo?
Para iso hai que ir a velo, se conto todo agora perde a graza.
Foi con ‘El club del chiste’ que te deches a coñecer a nivel nacional, que recordos tes daquela época?
Foi un salto moi agradable. Pasas a algo máis grande, pero me trataron moi ben, entón foi cero traumático. Tiven unha boa carreira artística, os pasos sempre foron agradables.
Tanto en programas como en series sempre te vemos ligado a comedia te gustaría interpretar algún rol dramático?
Sempre, sempre non. Teño feito algún rol dramático, teño feito de entrevistador para temas serios e a nivel actoral teño feito papeis dramáticos ata participei nunha curta de terrorpsicolóxico. Son actor e fago o que me manden.
Como te ves nesas outras facetas?
Realmente importa máis como te ven os demais que como te ves ti. Se fago as cousas é porque creo que podo facelas e despois son os demais os que deciden se o fago ben ou non.
Tamén colaboras en Zapeando dende o ano pasado, como é a experiencia de traballar nun dos programas máis exitosos dos últimos anos?
Moi boa é un programa que vai solo, un equipo que te acolle moi ben. Cando estás alí non estás pensando dios é que este programa é moi importante, non, estás alí e o disfrutas. Esa é a filosofía que eu teño do traballo, hai que tomalo en serio pero pasalo ben.
Unha utopía para moitos iso de gozar no traballo.
Se a xente non o fai é porque non quere. Eu non son mellor que ninguén, nin máis especial que ninguén. Se dedicamos tantas horas do día ao traballo debería ser algo que nos guste.
Dedicarnos ao que nos gusta está na nosas mans, entón?
Eu creo que si. Son dunha xeración no que o típico era estudar administración e empresariais. Estráñame que houbese unha porcentaxe tan alta da poboación que quixera dedicarse a iso, pero estaba o discurso do traballo seguro e agora estase a demostrar que traballo seguro non hai ningún. Entón creo que é mellor dedicar tempo a facer algo que te gusta. Despois está a parte económica, que todos intentamos facer algo que nos de máis cartos. Mellor ser dentista que xardineiro porque ganas máis cartos, igual sendo xardineiro es máis feliz pero ninguén se plantexa iso. Eu o aplico a miña vida e funcióname, levo toda a vida dedicándome ao que me gusta. Cando quixen xogar ao balonmán xoguei ao balonmán, cando quixen tele, tele… con todo o esforzo que supón pero o acabas conseguindo.
É necesario traballar duro ou tamén inflúe o factor sorte?
Non creo nada na sorte. Aqueles que din ese está aí porque tivo sorte e porque son uns mediocres. Eu tiven a sorte de coñecer a grandes profesionais en distintos campos de traballo e ningún estaba aí por sorte. Son uns currantes natos, moitos deles cun gran talento e todos eles cun talento que sabían que tiñan e apostaron polo campo que dominaban. O da sorte é unha escusa de mediocres.
Nos teus espectáculos non deixas nada a improvisación.
A xente gústalle pensar que chegas alí e poste a falar, pensan que iso de ser gracioso nos sae. Pero a min non me sae ser gracioso, son horas de traballo na casa e formación. Todos os monologuistas bos que coñezo e aos que admiro o fan así, hai moito traballo detrás de cada texto. A improvisación pode saír ben un día pero estamos falando de estar unha hora e media falando para a xente entón ten que haber unha orde, un ritmo, unhas tamáticas. Ten que estar todo moi estudado.

The following two tabs change content below.
  • Bio
  • Últimos posts
My Twitter profileMy Facebook profileMy LinkedIn profileMy Instagram profile

Tamara Novoa

A súa curiosidade fixo que estudase xornalismo. Agora ten unha boa escusa para preguntar (case) todo o que quere. Sempre lle interesaron os movementos cidadáns e entende que os medios de comunicación deben cumprir un labor social. No 2018 cofundou A Movida co obxectivo de contribuír a un Vigo culturalmente máis activo.
My Twitter profileMy Facebook profileMy LinkedIn profileMy Instagram profile

Últimos posts de Tamara Novoa (ver todos)

  • Abraham Boba: «Gustaríame tocar máis aquí, pero non temos onde actuar» - 26 Xaneiro, 2026
  • Un libro pioneiro desvela a orixe das rondallas - 15 Xaneiro, 2026
  • Chega ao cine ‘Rondallas’, o filme que avoga polo poder da comunidade - 31 Decembro, 2025
  • As rondallas resisten no rural - 26 Novembro, 2025
  • Antón Reixa: «Os da movida eramos uns frustrados diso que se chamou a Transición» - 26 Novembro, 2025

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. Pendentes do número da sorte
  2. David Aja e David Rubín, superheroes do cómic
  3. Nervo (Rebeliom do Inframundo): «Fixéronnos crer que o amor é unha mentira»
  4. Sés: “Unha muller que fala claro é unha muller arrogante”
comedia David Amor humor jueves de humor en mercado progreso 41 mahou Mercado progreso 41 monólogo monologos Urban Market Mahou Vigo

Hoxe móvese

febreiro

Vigo36201 Vigo, Pontevedra

13febTodo o día18Entroido en VigoAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) Vigo

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

18feb17:30Festa de Entroido en VialiaA MOVIDIÑA | De balde17:30(GMT+01:00) CC Vialia

Biblioteca Juan CompañelRúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

19feb17:30'Que mundo é este?'Pequechos | De balde 17:30(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Centro Social A NubeiraR. de Pizarro, 6, Santiago de Vigo, 36204 Vigo, Pontevedra

19feb18:0018:30Exposición: 'Medrar con pantallas NON é igual a progreso'actividades para o coco | de balde18:00 - 18:30(GMT+01:00) Centro Social A Nubeira

TODOS OS EVENTOS
XORNADA XUNTA
TODAS AS EXPOSICIÓNS

Axenda pequerrechos

febreiro

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

18feb17:30Festa de Entroido en VialiaA MOVIDIÑA | De balde17:30(GMT+01:00) CC Vialia

Biblioteca Juan CompañelRúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

19feb17:30'Que mundo é este?'Pequechos | De balde 17:30(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Mi Rincón FavoritoRúa Angel Llanos, 14 Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

20feb18:30Presentación 'Oli, el saltamontes aventurero'PEQUERRECHOS | DE BALDE 18:30(GMT+01:00) Mi Rincón Favorito

Biblioteca Juan CompañelRúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

21feb12:00'Extra terrestre'Pequechos | De balde 12:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
XORNADA XUNTA
X