CreaClásica convoca a súa 3ª edición en busca de novos talentos
A Orquestra Clásica de Vigo convoca a 3ª edición de CreaClásica, un proxecto promovido en colaboración coa Fundación SGAE en Galicia, que aposta pola difusión e o recoñecemento de novos talentos da composición, e por incrementar o repertorio sinfónico galego contemporáneo.
As persoas que presenten as súas composicións ao certame CreaClásica deberán ter obra sinfónica publicada e non poderán exceder os cinco anos desde a súa titulación -entre 2017 e 2021- e deberán estar asociados á SGAE e censados en Galicia. Poderase presentar unha única obra inédita, cunha duración duración máxima e mínima comprendida entre os 10 e os 15 minutos. As solicitudes faranse a través de la web da Orquesta Clásica de Vigo, empleando o formulario de google para este fin e enviando os materiais a través de Wetransfer á conta crea@corquestaclasica.com, evitando en todo momento mostrar elementos nos que se poida identificar a autoría co fin de garantir o anonimato ante o xurado. As obras enviaranse nun arquivo comprimido que deberá conter, ademáis das partituras de orquestra e partes, unha gravación ou un midi. Como máximo poderá empregarse o seguinte orgánico: 2 trompas en fa, 2 trompeta en Do/Si b, 2 trombóns, 1 tuba, 4 timbais, 1 bombo de concerto, 1 vibráfono, 2 marimbas, 1 lira, 1 xilófono, 1 campanólogo. Outros elementos a maiores como pequena percusión ou electrónica serán facilitados polos participantes.
O prazo para presentar as candidaturas e os materiales estará aberto ata o día 29 de outubro ás 14:00h. O veredicto do xurado notificaráselle ás persoas gañadoras como data límite o mércores 11 de novembro e a decisión será inapelable. CreaClásica ten unha dotación económica de 500 para a obra gañadora, que será gravada e interpretada pola Orquestra Clásica de Vigo e difundida a través das súas canles dixitais.
Este concurso de composición pretende ofrecer unha plataforma para todas aquelas persoas que se dedican á composición en Galicia e que despois de abandonar os nosos conservatorios non dispoñen dun espazo para difundir e difundir as súas creacións. Na pasada edición a obra premiada foi Juegos, de Alejandro Galansky López; e na primeira edición pre-pandemia, o certame outorgou tres premios: o primeiro premio recaeu una obra Tempestas de Ismael Amoedo; o segundo foi para o Preludio da noite sulagada de Carme Rodríguez e o terceiro para o Preludio e Fuga de María Veiga Lombardía.