Corenta anos de xornalismo na rúa Príncipe
Desde o mércores podemos ver a Rúa do Príncipe con decenas de carteis nos que observar diferentes portadas de xornais nacionais das últimas catro décadas co motivo do aniversario do Grupo Prensa Ibérica.
A exposición polo 40 Aniversario do Grupo Prensa Ibérica é unha das poucas cousas que atoparemos estes días na Rúa do Príncipe que non garda relación co Nadal. O mércores á noite diferentes personalidades inauguraron este conxunto de 60 portadas de xornais nacionais, que foron recorrendo unha a unha.
Nesas primeiras planas, reflexo dos últimos 40 anos da prensa do país, podemos ver todo tipo de noticias: guerras, política, deporte, sociedade, economía, cultura… Algúns exemplos son o afundimento do Prestige, a victoria de Donald Trump nas eleccións de EEUU, a chegada do Euro, o terremoto de Haití, o tsunami en Xapón…
Unha parte da mostra céntrase na prensa local, concretamente no Faro de Vigo, parte do Grupo Prensa Ibérica. Entre as novas deste diario podemos ver a derrota do Celta na final da Copa do Rei e outras do equipo celeste, a visita do Papa Juan Pablo II a Galicia, o concurso de acreedores de Pescanova ou os lumes do ano pasado.
A Coral Casablanca amenizou a inauguración cunha fermosa interpretación do Himno galego, que chamou a atención dos moitos transeúntes que paseaban pola principal rúa comercial da cidade a esas horas.