CAMELIAS MASCOTAS

Continúan as actividades na semana de loita contra o cambio climático

A asociación Fridays for Future, en colaboración con outras entidades, levan organizando desde o pasado martes 17, e ata o sábado 28, unha serie de actividades de concienciación na loita contra o cambio climático.

A emerxencia climática é unha realidade, e desde Fridays for Future queren realizar unha serie de eventos para concienciar sobre este grave problema. O pasado martes 17 iniciouse a campaña ‘O 17 non rimos, o 27 berraremos’, na que o estudiantado debía levar mascarillas aos centros de ensino. A iso se lle sumaron o venres 20 unha manifestación nocturna feminista, unha cadea humana o luns 23 e, ao día seguinte, unha serie de palestras sobre temas como o capitalismo e o rural, o túnel da Porta do Sol ou a situación do monte galego.

REVISTA NOVEMBRO

Hoxe, mércores 25 ás 17:30, a asociación Ecolectivo ten preparadas unha serie de actividades arredor da permacultura, un sistema de principios de deseño agrícola e social, político e económico baseado nos patróns e as características do ecosistema natural. O xoves pola tarde terá lugar un acto pola soberanía alimentaria na Cooperativa Árbore ás 19:00. Ás 20:30, no Paseo de Alfonso, hai organizada unha marcha en bici pola cidade, reclamando un sistema de mobilidade sostible en Vigo.

O día grande será o venres 27, coa manifestación polo clima que hai organizada ás 20:00 con saída desde o cruce de Vía Norte e Urzáiz. Media hora antes haberá unha batucada feminista nese mismo sitio. Antes, ás 11:00, haberá unha concentración estudiantil na praza do Rei para reclamar medidas reais para frear o cambio climático.

Para rematar,a fin de semana chega coas dúas últimas actividades do mes: un roteiro reivindicativo polos montes de Tameiga e Cabral organizado por Ecoloxistas en Acción, e unha xornada de limpeza no río Lagares o domingo de mañá, organizada por ADEGA.