Contacontos a esgalla durante todo o Nadal
Xa comezou a nova edición de ‘No Nadal… un conto’. Desde o domingo 15 de decembro ata o 4 de xaneiro numerosos contacontos percorrerán diferentes zonas da cidade para traer historias e fantasía a todas as crianzas.
Aproveitando as vacacións na escola, ‘No Nadal… un conto’ chega nesta nova edición con decenas de actividades espalladas por todo Vigo. Promovido desde a Concellaría de Normalización Lingüística o obxetivo é ofrecer propostas de ocio e aprendizaxe na lingua galega aos nenos e nenas da cidade.
Entre os contacontos atopamos grandes nomes do panorama galego, ben coñecidos como Raquel Queizás, Bea Campos, Ana Facchini, Xandobela, Polo Correo do Vento, Barafunda Animación, Esperanza Mara, Tarabelos, Trinke Trinke teatro, Cris de Caldas e Xabi do Camiño ou Cristina Collazo.
Os lugares que visitarán tamén serán moi numerosos: o Museo Verbum, o Mercado de Teis, as AVV da Praza da Miñoca, Novo Vigo e Valadares, a Casa da Xuventude, a sede da ACECA no Calvario, San Xosé Obreiro, o Auditorio do Concello, os pavillóns de Bouzas e Coia ou a Carpa do Nadal instalada en Navia
Todas as actividades son de balde e con acceso libre, agás no Verbum e no Auditorio do Concello que cómpre invitación. O prazo para recoller as invitacións irase abrindo paulatinamente. A información estará na web snl.vigo.org.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES:
[add_eventon_el event_type_2=”23244″ number_of_months=”3″ sep_month=”no” ux_val=”4″ hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″]