Confirmadas as datas do Circuíto Run Run de Vigo
Atletas de Vigo xa podedes actualizar a vosa axenda de carreiras para este ano en Vigo. O Concello acaba de anunciar as datas das oito carreiras que este ano conformarán o Circuíto Run Run de Vigo. A Vig-Bay o vindeiro día 8 de abril dará o pistoletazo de saída.
Onte no Auditorio do Concello tivo lugar a Gala Run Run na que se fixo entrega dos galardóns aos atletas que acadaron mellores posicións no circuíto do ano pasado. Ademais, o atleta olímpico Carlos Aldán e o dirixente Eluterio García recibiron un premio homenaxe a súa traxectoria. Nas nove carreiras que conformaron o circuíto de 2017 acadouse a cifra de 12.500 inscritos.
A cita serviu tamén, para presentar o Run Run Vigo 2018. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, explicou que o circuíto comezará coa Vig-Bay o 8 de abril, seguida da Happy Go Running o 22 de abril, Carreira da Cereixa o 27 de maio, Nocturna Correndo por Vigo o 9 de xuño, San Xoán o 23 de xuño, Xornadas Marisqueiras o 9 de setembro, Vigo contra el Cáncer o 21 de outubro e Vigo+11 o 11 de novembro.
Nesta edición a diferenza do ano pasado o circuíto o conformarán 8 carreiras en lugar de 9 porque a Subida ao Castro, que mudou de datas de decembro a xaneiro, pasará a formar parte do Run Run de Vigo 2019. Das oito carreiras, catro figuran entre as fundadoras do circuíto no 2009: Vig-Bay, Happy Go, San Xoán y Vigo+11.
Ademais das carreiras integradas no circuíto promovido polo Concello, en Vigo celebraranse moitas outras carreiras populares. Tes máis información neste enlace e as datas na seguinte infografía: