CAMELIAS MASCOTAS

Coñece Vigo, o novo programa de visitas guiadas e gratuítas

Coñece Vigo, o novo programa de visitas guiadas impulsado pola Xunta, permitirá contemplar Vigo desde outros ollos, achegarse aos recunchos cotiás da cidade e coñecer máis sobre a historia que albergan, compartir lendas, coñecer como vivían os nosos antepasados, etc.

Nunha das visitas poderás coñecer o porto a bordo dun catamarán

Coñece Vigo está formado por un total de nove itinerarios diferentes e está principalmente dirixido a asociacións, centros escolares e outros colectivos da cidade. Nace con vocación de dar a oportunidade aos vigueses de saber máis sobre a súa cidade e converterse nos seus mellores embaixadores. As visitas serán conducidas por guías oficiais en, nalgúns casos, por personaxes históricos que che farán sentir como un veciño máis do século XIX.

Os nomes das rutas son os seguintes: Os miradores de Vigo, O Vigo Castrexo, Os nomes de Vigo, Pazo Quiñones de León, O teu porto, O Vigo romano, O teu xornal, A túa administración e O teu Nadal. Para máis información, horarios e inscricións, premer aquí.

A continuación, un resumo de todas as rutas:

OS MIRADOIROS DE VIGO: O Castro e A Guía.

O VIGO CASTREXO: Xacemento castrexo do Castro e a sala de arqueoloxía do Museo Quiñones de León.

OS NOMES DE VIGO: Ruta polo centro da man dunha ilustre veciña do século XIX para coñecer o por que dos nomes dalgunhas das nosas rúas.

PAZO QUIÑONES DE LEÓN: Finca da Marquesa e Ruta da Camelia.

O TEU PORTO: Orixe e historia do porto de Vigo a bordo dun catamarán.

O VIGO ROMANO: A visita comezará no Museo do Sal, Salinae, no centro de Vigo, e logo visita á Vila romana de Toralla.

REVISTA NOVEMBRO

O TEU XORNAL: Visita á sede de Faro de Vigo para coñecer a súa historia.

A TÚA ADMINISTRACIÓN: Visita ao edificio da Xunta en Vigo, na praza da Estrela.

O TEU NADAL: Actividades e ONGs na praza da Estrela.