VIALIA
PLAYDOC

Concorde Language School, 35 anos supersónicos

A academia de inglés Concorde Language School celebra 35 anos de percorrido con clases abertas gratuítas e un picnic para festexar con amigos e alumnado.

REVISTA ABRIL

Dúas estadounidenses asentadas en Vigo desde a década dos setenta, Deborah Randall e Robyn Spence, dirixen Concorde Language School, un centro de ensino na zona da Bouza desde 1988. Para elas, “coñecer un idioma e gañar en liberdade” e baixo esa premisa ensinan tanto a lingua como a cultura e o modo de vida do mundo anglosaxón.

Deborah e Robyn levan anos exercendo como profesoras, tanto en academia como en empresas da cidade. As súas clases están dirixidas a nenos, pero tamén a adultos e a profesionais, adaptándose as esixencias e necesidades de cada circunstancia. En todas elas procuran un ambiente divertivo, comunicativo e cercano.

Para celebrar os 35 anos de existencia desta pioneira escola de idiomas, do luns 4 ao xoves 7 organizan unhas xornadas de portas abertas con clases gratuítas para que nenos e maiores se poidan achegar a coñecer o seu método de ensino baseado na diversión. Como colofón, o venres 8 a partir das 17:30 h organizan un pícnic aberto a todo o mundo no parque da Bouza.