Como visitar Cíes e Ons esta Semana Santa
Cunha previsión metereolóxica favorable, os arquipélagos atlénticos Cíes e Ons convértense nun dos destinos favoritos dos vigueses. Paisaxes naturais, fauna, praias e a tranquilidade da tempada baixa fan esta excursión do máis apetecible e desde a Naviera Mar de Ons e o Centro de Visitantes das Illas Atlánticas prepáranse para acoller aos primeiros curiosos do ano.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas, do que forman parte os arquipélagos de Cíes e Ons estarán abertos a visitantes durante os días de Semana Santa, con servizo regular de barcos nas Navieras Mar de Ons e Piratas de Navia.
No caso das Cíes, as viaxes sairán dos portos de Vigo e Cangas, do 9 ao 17 de abril, e desde Baiona, Sanxenxo, Portonovo e Pobra do Caramiñal entre o 14 e o 17 deste mes. Para ir a Ons poderemos partir de Bueu, Sanxenxo, Portonovo, Vigo e Pobra do Caramiñal. Ambos destinos contan con aforo limitado de turistas (1800 nas Cíes e 1300 en Ons) e os inteteresados en visitalos deben tramitar unha autorización gratuíta na web de Xunta antes de adquirir os billetes.
Por outra banda, será posible pernoctar nas Illas Cíes, pois o camping estará aberto do día 14 ao 17, así como o restaurante do mesmo e a cafetería-restaurante do embarcadoiro. En Ons tamén estará aberto o camping e os servizos de restauración.
O Centro de visitantes das Illas Atlánticas, sabedora do interese de vigueses e foráneos por coñecer a fondo as illas, ofrece roteiros guiados gratuítos con diferentes temáticas. Estas visitas realizaranse dende o sábado 9 ata o domingo 17 de abril en Cíes e Ons.
Son rutas de dificultade baixa e que se desenvolven en pequenos grupos, polo que as prazas son limitadas. A inscrición é de balde e pode realizarse previamente a través da web da central de reservas ou achegándose presencialmente á caseta de información de Cíes ou Ons o día da visita. Estes son os catro roteiros dispoñibles:
Ons: unha illa de 2 caras, os días 10, 11, 13, 14, 17 ás 11:30h: Ruta guiada que percorre a illa de Ons pola súa parte central pasando polas inmediacións do faro e recorrendo todas as súas paisaxes : barrios aínda habitados, praias, cantís… Lonxitude da ruta: 4km (1h 45min aprox) Ruta circular.
Ons: un pobo no mar, os días 12 y 15 ás 11:30 e o día 16 ás 16:45: Ruta que pasa por varios barrios da illa de Ons, ademais dos seus cantís para descubrir os costumes e cultura dos habitantes desta illa.
Cíes: illa de paisaxes, os días 9, 10 e 16 ás 16:30 e os días 11, 12,13 e 14 ás 12h. Ruta que nos deixa descubrir os segredos das distintas paisaxes de Cíes, rematando nalgún dos miradoiros da illa (Alto do Príncipe ou Pedra da Campá, segundo condicións metodolóxicas ou de organización ). Lonxitude da ruta (solo ida): 2,5Km ao miradoiro de A Campá (1h 45min), ou 1,7 ao do Príncipe (1h15min ).
Cíes: unha viaxe no tempo, os días 15 e 17 ás 12h. Visita guiada en Cíes onde percorrerase a historia dos poboadores das illas desde a actualidade ata a prehistoria, a través dun itinerario que transcorre desde o porto ata as inmediacións do faro da Porta. Lonxitude da ruta: 2,1Km, (lineal, só ida).
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024