REVISTA ABRIL

Volven as viaxes a Cíes e Ons durante a Semana Santa

Tedes ganas de ir á Praia de Rodas, ou á de Melide? Que tal unha ruta de faros? As navieras Mar de Ons e Nabia retoman as súas rutas ás Illas Atlánticas por tempo limitado esta Semana Santa. Poderemos gozar das paisaxes de Cíes e Ons desde o vindeiro sábado 27 de marzo ata o domingo 4 de abril.

Esperemos que faga bo tempo esta semana Santa xa que volven as viaxes a Cíes e a Ons. Despois de meses de parón, as navieras con barcos ás Illas Atlánticas, Mar de Ons e Nabia anunciaron hoxe, martes 16 de marzo, que retoman as súas rutas durante Semana Santa.

O gran espazo ao aire libre cheo de praias e rutas de senderismo que ofrecen estes arquipélagos, xunto ao aforamento limitado fan destas illas o destino ideal para gozar destes días de vacacións e desconectar de maneira segura. Ademais, ambas navieras manterán unhas medidas de seguridade e hixiene que garantan a saúde dos seus pasaxeiros, como é o uso obrigatorio de máscara ou os protocolos de limpeza. Para poder viaxar ás illas eses días, os visitantes deberán solicitar a autorización de visita da Xunta de Galicia antes de mercar os billetes coa maior antelación posible, debido ao reducido número de prazas dispoñibles.

No que respecta ás datas e aos horarios, as dúas compañías dispoñen de barcos tanto a Cíes como a Ons desde distintos puntos das Rías Baixas.

REVISTA ABRIL

HORARIOS MAR DE ONS
Mar de Ons conta con barcos ás Illas Cíes desde os portos de Cangas e Vigo desde o sábado 27 ao domingo 4 de abril nos seguintes horarios:

• Saídas de Cangas: 09:45, 10:15, 12:00, 15:00, 16:15, 18:15 h
• Saídas de Vigo: 10:15, 10:45, 12:30, 15:30, 17:45 h
• Regresos de Cíes: 14:00, 17:00, 19:15 h

Ademais, a naviera tamén organizará viaxes ás Illas Cíes desde Baiona, Sanxenxo e Portonovo do 1 ao 4 de abril nos seguintes horarios:

• Saídas de Baiona: 10:40, 12:00 h
• Regreso de Cíes: 18:30 h
• Saída de Sanxenxo: 11:15 h
• Saída de Portonovo: 11:30 h
• Regreso de Cíes: 19:00 h

Mar de Ons ofrecerá tamén saídas con destino á Illa de Ons desde Bueu, Sanxenxo e Portonovo desde o xoves 1 ao domingo 4 de abril, ambos incluídos, nos seguintes horarios:

• Saídas de Bueu: 10:15, 11:45, 19:00 h
• Regresos de Ons: 18:15, 19:40 h
• Saídas de Sanxenxo: 10:15, 12:15, 16:15 h
• Saídas de Portonovo: 10:30, 12:30, 16:00 h
• Regreso de Ons: 13:15, 19:00 h

HORARIOS NABIA
Por outro lado, Naviera Nabia ofrece viaxes ás Cíes desde Vigo e Cangas do 27 de marzo ao 4 de abril nos seguintes horarios:

  • Saídas de Vigo: 11:00 e 15:30 h entre o 27 e o 31 de marzo, máis ás 12:30 e 18:30 h no mes de abril
  • Regreso de Cíes: 13:45 e 17:30 h entre o 27 e o 31 de marzo, máis ás 11:45 e 19:30 h no mes de abril
  • Saídas de Cangas: 10:30 e 15:00 h
  • Regreso de Cíes: 13:45 e 17:30 h entre o 27 e o 31 de marzo, máis ás 19:30 h no mes de abril

Tamén teñe organizadas viaxes a Ons desde o 27 no caso de Bueu e desde o 1 no de Portonovo, ata o 4 de abril en ambos os casos, nos seguintes horarios:

  • Saídas de Bueu: 10:30 e 16:00 h do 27 ao 31 de marzo, máis ás 10:00 e ás 18:30 h no mes de abril
  • Regreso de Ons: 11:30 e 19:30 h do 27 ao 31 de marzo, máis ás 17:30 h no mes de abril
  • Saídas de Portonovo: 11:00, 16:30 e 18:00 h
  • Regreso de Ons: 11:30, 17:30 e 19:30 h