Carchivo: O papel dun bo equipo
Un equipo xuvenil e inquieto, con ganas de darlle unha volta á papelería convencional, prosegue a aventura que en 1986 iniciaron amigos cheos de ganas de emprender e crear. Tiñan claro que querían converterse en fabricantes dunha marca propia, tratando de ofrecer un prezo razoable para os consumidores e apostar por unha estratexia de diferenciación en que a calidade e o deseño fosen aspectos clave. Os inicios foron duros, pero entre os tres lograron sacar adiante a idea; así naceu Carchivo, unha palabra formada pola suma doutras dúas, en castelán, carpeta e archivo; unha marca de papelería con selo vigués que aposta polas formas dinámicas, as cores vivas e a atemporalidade nos produtos, que podemos atopar en moitas papelerías da cidade ou coñecer na web carchivo.com.
Aínda que o inicio do curso é algo máis propio do mes pasado, é posible que aínda teñamos pendente facernos con algún caderno, con ese arquivador tan especial que buscamos ou esa axenda ou diario que nos anime a iniciar un proxecto novo. Recomendamos botar un ollo a dous dos produtos estrela de Carchivo: os planificadores e os cadernos con discos intercambiables. Este sistema de encadernación de discos, tan cómodo como orixinal, permite que todas as follas e complementos sexan facilmente substituíbles, adaptándose e facendo que os límites das ideas que teñamos se estendanse ata o infinito.
Apostemos pola escritura á man, emprendamos desde cero plasmando as ideas sobre o papel botando man de Carchivo.
Estela Gómez
Correctora literaria e redactora de contidos
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Newt Crafts, artesanía arraigada - 27 Setembro, 2024
- Éxfico Clothing, recortes con estilo - 16 Xullo, 2024
- Noc Noc Estudio, a moda chama á porta - 21 Xuño, 2024
- Malahostia, moda con moito xenio - 27 Maio, 2024
- Mar de Miranda, unha marea de xabón - 19 Abril, 2024