COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Canteira audiovisual

Despois de varios anos traballando en Madrid, a dupla formada por Raquel Meleiro e Enrique Basteiro, decidiu regresar á terra e ofrecer o que vían que moitos galegos ían buscar á capital do Estado: formación artística orientada ao mundo audiovisual. «Aproveitando o auxe do sector en Galicia, queremos que os nosos artistas non teñan que saír da casa para buscar unha formación que podemos achegar aquí», explican.

Con ese pulo nace en pleno centro da cidade o centro de formación ActuARTE (Joaquín Loriga, 24). A oferta formativa está orientada en maior medida á formación interpretativa para todos os niveis e idades, así como a outras disciplinas máis ou menos complementarias: canto, danza, dobraxe, expresión corporal, fotografía ou técnica vocal. Nesta escola son benvidas tanto as persoas que non teñen ningún tipo de experiencia e queren probar como aqueles profesionais que queiran recibir máis formación nalgún campo concreto ou mesmo asesoramento para confeccionar un videobook ou preparar un casting.

No centro combínanse cursos regulares, de formación continuada, con monográficos intensivos e clases maxistrais a cargo de xente de renome no seu medio. O primeiro curso deste ano, titulado O valor da palabra no verso, corre a cargo da actriz e cantante vasca Karmele Aranburu. Por outra banda, ActuARTE tamén oferta formación específica para estudantes de Comunicación Audiovisual ou para alumnos da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD): comunicación e locución, dirección de actores, dobraxe, interpretación ante a cámara ou fotografía.

Ademais de ver películas e series ou acudir a espectáculos feitos aquí, podemos contribuír de xeito activo tomando partido na modalidade que prefiramos grazas ao espazo creativo ActuARTE.

Datos de contacto:

Enderezo: Joaquín Loriga, 24, baixo
Horario: por confirmar
Teléfono: 664 21 63 95
Web: actuarteespaciocreativo@gmail.com
IG: @actuarteespaciocreativo

[Esta reportaxe foi publicada na revista A movida de xaneiro 2021 . Podes consultala na versión dixital ou facerte con ela de formar gratuíta nos nosos puntos de distribución. Se queres aproiar o noso proxecto e comezar a recibila na túa casa faite #AMOVIDALOVER ]

SONRIAS
The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.