Biznaga, Caamaño&Ameixeiras ou Guadalupe Plata actuarán no Festival de Cans
Ademais dunha coidada programación audiovisual, o Festival de Cans sempre se caracterizou pola calidade dos concertos. Nesta edición, que se celebra entre o 20 e o 24 de maio, contará coas actuacións en directo de Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Plata, Susana Seivane, Santero y los muchachos, Abril, Serial Killerz, Carabela ou A Banda da Loba.

O Festival de Cans, que se celebrá entre o 20 e o 24 de maio, contará nesta edición con máis de vinte actuacións musicais, programando as principais para o venres 23 e sábado 24 no Espazo Leira do Río, o gran epicentro musical, e o Torreiro, lugar emblemático da aldea. O certame mantén o seu carácter popular coa entrada libre aos concertos nestes espazos.
Leira do Río
No Espazo Leira do Río actuarán o venres 23 Biznaga, un dos grupos do momento, e o sábado 24 A Banda da Loba a media tarde e Santero y los Muchachos e Serial Killerz como remate. Coas súas cancións sobre o dereito á vivenda ou o quecemento global, interpretadas con rabia punk contemporánea, Biznaga son unha das sensacións do momento e o referente dunha nova xeración. Temas como ‘Madrid nos pertenece’ ou ‘Contra mi generación’, convetéronse en himnos coreados por miles de persoas nos festivais. O seu quinto disco ¡Ahora!, vén de consagrar ao grupo, que está finalista en cinco categorías dos prestixiosos premios MIN da música.
O mesmo espazo tamén acollerá o sábado 24 o rock pausado de Santero y los Muchachos, que presentarán o seu último álbum, Una noche en Les Arts, un repaso a toda a súa traxectoria, gravado con colaboracións de outros artistas. Despois desta actuación, a traca final do festival será a adrenalina musical de Serial Killerz, un atípico dúo musical, que reinterpretan temas de AC/DC ou os Ramones pasando por Nina Simone a través dunha enerxía contaxiosa. O grupo regresa a Cans por aclamación popular do público, despois da última gran actuación tres anos atrás.
No mesmo espazo tamén actuarán á tardiña a Banda da Loba, a banda de mulleres empoderadas que ven presentar Lovismo, o seu último disco no que exploran a diversidade sexual e as súas múltiples formas e expresións, con referencias que van desde Rosalía de Castro a Luisa Villalta.

Torreiro
O Torreiro, lugar incónico na aldea, onde se colocan as estrelas dos visitantes ilustres, volverá ser un espazo para actuacións musicais cercanas. O venres 23 de maio, ás 20,00 horas, serán Caamaño&Ameixeiras as que ofrezan o concerto de benvida a Cans. O dúo é un dos grandes expoñentes da brillante fornada de artistas que están a renovar a música tradicional galega.
Polo Torreiro tamén pasarán o sábado 24 na sesión vermú o personal folk dos novísimos Abril e o emblemático grupo de blues Guadalupe Plata. Os de Úbeda conforman a banda underground máis internacional: traballo, militancia e unha manifesta paixón polos clásicos. Actuaron en diversos recunchos do planeta chegando a converterse no capricho confeso do mesmísimo Iggy Pop, que os louvou con entusiasmo no seu programa de radio na BBC.

Invernadoiro
No espazo Invernadoiro Rei Zentolo de Juan e Mucha do Peso, que combina música e proxeccións audiovisuais, e que só ten un aforo de 100 persoas por actuación, terá lugar o sábado a performance poética de Lúa Mosquetera xunto cunha retrospectiva dos seus videopoemas. A escritora, natural de Miño, é un referente do Spoken Word e é gañadora do Poetry Slam gallego. Conta con cinco libros publicados e a súa poesía íntima, feminista e rabiosa, convertérona nun dos grandes fenómenos poéticos actuais en Galicia.
Outra das momentos máis emocionantes que se agardan no festival é a actuación da gaiteira Susana Seivane, na que será o seu regreso aos escenarios en Galicia, despois dun ano de parón. O Festival de Cans quere sumarse á homenaxe polos seus 25 anos no mundo da música, coa estrea do documental Son Seivane, dirixido por Xosé Antón Bocixa. A artista presentará tamén temas de Sete, o seu séptimo álbum, no que se achega a enfoques contemporáneos, máis sonoros e vibrantes, pero sen perder a esencia da autenticidade da súa interpretación.

O aforo para as actuacións do Invernadoiro é de cen persoas e as entradas estarán a venda por 7 euros, aínda que o Festival ofrece 30 bonos por 10 euros para asistir a ambos espectáculos. Da oferta promocional de 200 packs de lanzamento que o certame anunciou a semana pasada, só quedan 50 á venda.
Horarios das actuacións
Xoves 21:
21.30 h CARABELA
Praza do Concello
Venres 22:
20 h CAAMAÑO&AMEIXEIRAS
Torreiro
23.30 h BIZNAGA
Leira do Río
Sábado 23:
17 h LÚA MOSQUETERA
Invernadoiro
20 h SUSANA SEIBANE
Invernadoiro
19 h A BANDA DA LOBA
Leira do Río
21.30 h GUADALUPE PLATA
Leira do Río
00.00 h SANTERO Y LOS MUCHACHOS
Leira do Río
01.30 h SERIAL KILLERZ
Leira do Río