Birraseto Fest, festival de cervexa artesá, volve a Vigo
Dez días, doce marcas de cervexa artesá locais, catas, concertos, actividades familiares e visitas a fábricas son algúns dos atractivos da terceira edición do Birraseto Fest, o festival vigués da cervexa artesá, que este ano se traslada a zona Náutico entre o 8 e o 17 de abril. Outro dos grandes atractivos da cita é a zona de foodtrucks.
A feira da cervexa artesá de Vigo crece na súa terceira edición, en espazo, actividades e días. A cita terá lugar no Náutico desde o venres 8 ata o próximo domingo, 17 de abril, coincidindo coas vacacións da Semana Santa e un horario de apertura de mañá e tarde, de 12 do mediodía a 12 da noite.
No recinto atoparemos unha ducia de marcas de cervexa artesá e máis de cen variedades para degustar ao longo de dez días, moitas delas producidas en Vigo e arredores: Cervexas Nós, Pits, Irmaos de Lei e Hera, de Vigo. Cervexa Áncora (Ourense), Siesta Brewing (Burgos con local en Vigo), Banda (Nigrán), Hortiña (Porriño), Atlántica (Redondela) , The One (Sanxenxo), Castreña (Bierzo) e Bubela (Lugo). Ao final da feira premiarase a mellor cervexa, a mellor etiqueta e o mellor foodtruck da terceira edición do Birraseto Fest.
O programa compleméntase con catas, cursos de elaboración de cervexa na casa, visitas a fábricas, obradoiros infantís, charlas, campiontao de futbolín e concertos. As prazas para as visitas ás cervexeiras son limitadas e é preciso inscribirse en admcervexeiros@hotmail.es
Entre as bandas que actuarán en directo están Losto Kinsky, El pelotón de los torpes, Nós Folk, Gago y Mario, School e Jimmy Chicano. Ademais,os xoves, venres, sábados e domingos haberá sesión beer-mú amenizada con música e sesións DJ as fines de semana.
Aquí a programación completa por días.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024