BFlecha: “As propostas máis innovadoras actuais fanse en Galicia”
Outra das propostas innovadoras que atoparemos neste Vigo Emerxe será a de BFlecha, artista de música electrónica e contemporánea que non ten medo a mesturar os distintos xéneros musicais ata convertilos en algo propio. Poderemos escoitala na sala de exposicións temporais ás 20:15.
Como definirías o que fas a alguén que non te coñeza?
Prefiro non definilo e deixar que sexa a propia música a que fale por si mesma, a súa linguaxe.
Como e cando nace o teu proxecto musical?
Aínda que levo moitos anos compoñendo, pódese dicir que oficialmente nace coa saída do meu primeiro single Ceja de Carnival/ Kosmic Lovers, editado en Arkestra Discos no ano 2010.
Que te parece esta iniciativa de Vigo Emerxe?
Penso que é moi importante darlle visibilidade a proxectos de artistas contemporáneos, e sobre todo na era do virtual, levar a cabo accións reais no mundo físico, e facer dos lugares públicos un sitio de encontro para que se poda coñecer e escoitar a música que se fai aquí.
Que outros artistas locais gustaríache ver no festival?
Calquera que teña unha proposta fresca e persoal.
Que opinas da escena musical local?
Penso que as propostas máis innovadoras actuais fanse en Galicia, o que pasa e que os medios de comunicación siguen estando nas grandes capitais.
Proxectos para este ano e o que vén.
Agora ando a terminar o meu tercer álbum, que sairá o ano que vén.