VIALIA
PLAYDOC

Aventura en Navia

O PAU (Polígono de Actuación Urbanístico) de Navia era unha urbanización de xente nova sen servizos de conciliación ata que Borja e Elisabet decidiron poñerlle remedio a isto coa apertura dun novo establecemento pensado para a rapazada de entre 3 e 12 anos.

Obradoiros e xogos simbólicos son pezas básicas deste proxecto situado na rúa das Teixugueiras. Tamén ofrece unha alternativa para as vacacións escolares, como son os campamentos é o campamento de Semana Santa, complementando o habitual horario vespertino, das 16:00 ás 20:00 h, cunha xornada matutina, das 9:00 ás 14:00 h, ofrecendo os servizos de madrugadores e comedor. O local tamén está pensado para poder alugar na súa totalidade ou organizar festas de aniversarios e eventos similares.

REVISTA MAIO

Ciudad Aventura abriu as portas o pasado mes de febreiro tendo entre os seus obxectivos ofrecer algo máis que un lugar de xogo simbólico; pretende chegar máis lonxe e atender as inquedanzas de nais e pais con charlas, conferencias e obradoiros. Trátase dun espazo seguro en que a cativada pode desenvolver a capacidade cognitiva e a creatividade. Ademais, aquí os pequerrechos potencian as habilidades sociais a través de actividades como os xogos de rol. En definitiva, estamos ante un lugar en que nenos e maiores teñan cobertura para necesidades do día a día.

Rúa das Teixugueiras, 19 | 604 04 53 92 | ciudadaventuravigo@gmail.com | @ciudadaventuravigo

Bea Vila
Redactora