As entradas para OT á venda a partir de mañá
Fans de OT, anotade esta data. O venres 21 de xuño saen á venda as entradas para poder asistir ao concerto dos triunfitos en Castrelos. O prezo será de 5 euros e poderán mercarse tanto online como en tendas físicas.
Mañá venres 22 de xuño, ás 10 da mañá saen a venda as entradas para o último concerto do verán en Castrelos, que será o dos rapaces e rapazas da última edición de OT: Aitana, Ana Guerra, Míriam, Cepeda e Roi. Terá lugar o día 10 de agosto e, como sempre, o show será gratuito a excepción do foso, para o que haberá que pagar 5 euros.
As entradas poderán adquirirse a través de Ticketea, chamando ao 902 044 226 ou na tenda Elepé de Vigo ao popular prezo de 5 euros máis gastos de xestión. Mañá poranse á venda 4.000 localidades e cada persoa poderá adquirir un máximo de catro. En taquilla as entradas terán un custe de 7€.
Vendo o acontecido con Raphael e, especialmente, con Maná, as persoas interesadas en adquirir estes billetes deberán estar atentas, xa que corren o risco de esgotarse moi rápidamente. Lembramos que é o único show dos triunfitos fóra da xira oficial, polo que de seguro vai ser un concerto con moita demanda.
Para refrescar a memoria, así queda o programa de Vigo en Festas no Auditorio de Castrelos:
– 12 xullo: Little Steven
– 21 de xullo: Joan Manuel Serrat
– 23 de xullo: Maná
– 27 de xullo: Dorian e Zoe
– 31 de xullo: Morat
– 2 de agosto: Raphael
– 4 de agosto: Cantajuegos
– 8 de agosto: Juanes
– 10 de agosto: OT (Aitana, Ana Guerra, Míriam, Cepeda e Roi)