ASNEVES
REVISTA MAIO

As entradas para Andrés Calamaro saen a venda mañá xoves

As entradas para o concerto de Andrés Calamaro este sábado día 8 en Castrelos saen á venda mañá xoves día 6 a través da web vigoenfestas.com, as entradas para o concerto de David Bisbal sairán á venda o martes día 11 e se poderán adquirir a través da mesma plataforma ou de forma presencial.

Andrés Calamaro o pasado verán no Atlantic Fest. | P. Vázquez

A tres día do primeiro concerto deste verán en Castrelos, o Concello deu a coñecer por fin como se desenvolverá a venda de entradas para as dúas primeiras actuacións no auditorio municipal. Mañá xoves, 6 de xullo, poderán adquirirse as entradas para o concerto de Andrés Calamaro, que será o primeiro en actuar na Finca da Marquesa. Nesta ocasión os tickets só se poderán comprar online. O Concello habilitará a través dunha web habilitada para a ocasión, vigoenfestas.com, 2.500 tickets de 9:30 h a 13:00 h da mañá e outros tantos entre as 16:30 e as 20:30 h da tarde. As entradas para o concerto do bonaerense teñen un prezo único de 10,00 €.

O seguinte artista en subir ao escenario de Castrelos é David Bisbal, o sábado 15 de xullo. Os boletos para o concerto do almeriense sairán á venda o martes 11 xullo tanto de maneira presencial como online. As entradas para Bisbal sairán á venda no mesmo horario que as de Calamaro pero serán 1.250 as que se porán á venda a través da web vigoenfestas.com en outras tantas na billeteira do Auditorio do Concello na praza do Rei. A distribución será a mesma para as que se poñan a venda na quenda de tarde. As entradas para o ver a David Bisbal en directo custarán 10,00 €, igual que as do resto de concertos, a excepción das de Alejandro Sanz e David Guetta que custarán 15,00 € e as da Coral Casablanca que serán gratuítas.

O exvocalista de Los Rodríguez arrancou en maio a xira por España coa que recala en Vigo o día 8, trece anos despois do recital que ofreceu en As Travesas no 2010. O de Calamaro é o primeiro dos nove concertos programados polo Concello este verán no Auditorio de Castrelos. Nesta ligazón podes consultar o calendario completo.