CAMELIAS MASCOTAS

Arranca o VII Concurso de Pinchos de Teis en nove locais

A Asociación de Comerciante de Teis organiza, por sétimo ano consecutivo, o Concurso de Pinchos de Teis, desde este venres 11 ata o sábado 26 de setembro, na que participan nove hostaleiros: Tapería La Paulina, Tapería Sanjurjo, Cervecería D’Tres, Café/Bar D’Antonio, Cafetería Bellmar, Tapería La Ermita, Bar A Dorna, Bar O Repunantiño e Cafetería Zoraya 2. O prezo por petisco é de 1,80€.

REVISTA NOVEMBRO

Un dos eventos gastronómicos de referencia da cidade volta hoxe, mais nunha edición reducida. Concretamente, este ano participan nove establecementos, catro menos que na pasada edición. Outras actividades como a presentación pública ou os concertos tamén foron descartados para esta sétima edición.

O sistema de votación seguirá sendo o mesmo que noutros anos: unha vez consigas cinco selos de cinco locais diferentes (ou un de calquera negocio asociado á ZonaTeis), poderás introducir a túa papeleta nas urnas colocadas nos establecementos e  entrarás nun sorteo dun vale de compra de 100 euros para gastar nos comercios asociado á ZonaTeis e dunha fin de semana nun balneario.

Esta é a lista de petiscos e os seus locais correspondentes:

  • Paupeta de pollo con patacas alioli – Tapería La Paulina (Avda. Ángel de Lema y Marina nº12)
  • Bacallau rebozado en tempura – Tapería Sanjurjo (Avda. Sanjurjo Badía nº163)
  • Hai que roelo – Cervecería D’Tres (Avda. Sanjurjo Badía nº130)
  • Sorpresa – Café/Bar D’Antonio (Avda. Sanjurjo Badía nº191)
  • No te va a gustar – Cafetería Bellmar (Avda. Sanjurjo Badía nº204)
  • Patacón Pisao – Tapería La Ermita (Avda. Ángel de Lema y Marina nº5)
  • Tosta bacon ao roquefort – Bar A Dorna (Avda. Sanjurjo Badía nº89)
  • Gambareto fra diablo – Bar O Repunantiño (R/ Purificación Saavedra nº110)
  • Chipipapa – Cafetería Zoraya 2 (R/Enrique Lorenzo nº11)