REVISTA ABRIL

Ardentía Xoiería – Pendentes Gorgonia

A man do artesán tras a marca Ardentía é a de Luis González, un xoieiro que leva desde os dezaseis anos desempeñando o seu oficio e que, tras moitas horas e sacrificio, obtivo a carta de artesán no ano 1994 e a de taller artesán no 1996. O nome Ardentía vén da palabra «ardentía», esa luz fosforescente, tan espectacular e única que aparece en momentos moi concretos do día no mar.

Foi no ano 2012 cando Ardentía se incorporou aos talleres de xoiería de Galicia, amparados pola marca Galicia Calidade, certificando así a calidade única das súas xoias e unha orixe cento por cento galega, tanto en deseño como en realización. Un made in Galicia polos catro custados!

No seu obradoiro de Bergondo, Luis rodeouse dun equipo de profesionais para levar a cabo o deseño e a realización de moitas e variadas coleccións Ardentía. Todas elas teñen denominadores comúns: como a prata de Lei 925 branca, con esmalte ao lume ou con galvanizado en varias tonalidades —chegando mesmo a experimentar co chapado en ouro— e, sobre todo, o marcado carácter atlántico que fai de cada peza un pedazo das nosas costas. Os valores da marca seguen intactos trinta e dous anos despois: formación, innovación, calidade, esencia atlántica e garantía. Todo isto unido a unha atención ao cliente personalizada que vén dada a pé de tenda na rúa de Policarpo Sanz, 22 grazas ao bo carácter de Sole, coñecedora da historia de Ardentía e encargada de que leves a casa a xoia dos teus soños.

REVISTA ABRIL

Como sabemos que unha xoia é un regalo eterno, este Nadal propoñemos como agasallo especial os pendentes Gorgonia (103,00 €), feitos en prata de lei e que conteñen no seu interior un arrecife de coral que nos permite levar connosco o mar a onde vaiamos. Case sentimos o son das buguinas nada máis penduralos das orellas, teñen un aquel de maxia. Con eles podemos iniciar unha tradición de xeracións plasmada nun caderno de bitácora familiar. Un acerto seguro. Se prefires outro tipo de abelorios, visita a súa web www.ardentia.es para coñecer todos os seus produtos. Seguro que das coa túa peza de xoiería ideal!

Dirección: Rúa de Policarpo Sanz, 22

Web: www.ardentia.es

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.