REVISTA ABRIL

Ardentia: xoiería atlántica

A man do artesán tras a marca Ardentia é a de Luis González, un xoieiro que leva desde os dezaseis anos desempeñando o seu oficio e que, tras moitas horas e sacrificio, obtivo a carta de artesán no ano 1994 e a de taller artesán no 1996. O nome Ardentia vén da palabra «ardentía», esa luz fosforescente, tan espectacular e única que aparece en momentos moi concretos do día no mar.

REVISTA ABRIL

Foi no ano 2012 cando Ardentia se incorporou aos talleres de xoiería de Galicia, amparados pola marca Galicia Calidade, certificando así a calidade única das súas xoias e unha orixe cento por cento galega, tanto en deseño como en realización. Un made in Galicia polos catro custados!

No seu obradoiro de Bergondo, Luis rodeouse dun equipo de profesionais para levar a cabo o deseño e a realización de moitas e variadas coleccións Ardentia. Todas elas teñen denominadores comúns: como a prata de Lei 925 branca, con esmalte ao lume ou con galvanizado en varias tonalidades —chegando mesmo a experimentar co chapado en ouro— e, sobre todo, o marcado carácter atlántico que fai de cada peza un pedazo das nosas costas. Os valores da marca seguen intactos trinta e dous anos despois: formación, innovación, calidade, esencia atlántica e garantía. Todo isto unido a unha atención ao cliente personalizada que vén dada a pé de tenda na rúa de Policarpo Sanz, 22 grazas ao bo carácter de Sole, coñecedora da historia de Ardentia e encargada de que leves a casa a xoia dos teus soños.

Como sabemos que unha xoia é un regalo eterno, este Nadal propoñemos como agasallo especial o colgante Riveira Sacra (98,00 €), con acabado galvanizado vermello paixón no seu interior e cos bordos puídos. Na Ribeira Sacra pódese observar o resultado de miles de anos do traballo realizado pola forza da auga, e por iso mesmo escollen esta denominación para esta peza, que forma parte da súa nova colección. Nela poderás atopar uns deseños inspirados nos sinuosos debuxos que fai o río durante o seu curso por esta zona tan especial da paisaxe galega. A auga, co seu constante movemento, conleva un simbolismo intrínseco de forza, enerxía, libre albedrío… sensacións que sentirás ao levar estas fermosas xoias.

Se o acibeche é una das túas pedras preferidas, non dubides en mercar o anel en prate de lei 925 Enova (159,00 €), o favorito de quen queira levar sempre na man a maxia blanca deste mineral negro e os seus poderes de protección.

Se prefires a xoiería en dourado, o teu modelo é o brazalete Casiopea (130,00 €) O seu deseño orgánico e a súa elegancia, xunto coa calidade que acompaña a cada xoia de Ardentia, farán deste abelorio en prata de lei 925, acabado en ouro e con motivos en gris escuro o agasallo ideal para os compromisos que todos teremos durante as próximas semanas.

Outra das súas pezas destacadas encóntrase na colección Carballo: o broche de prata Carballo (69,00 €), unha elegante folla de carballo de prata para embelecer aínda máis a nosa roupa e complementos.

É, por último e como xoeiría e arte van case sempre da man, para os amantes de arte e a pintura tamén temos unha proposta especial: os pendente Matisse (52,00 €). Nesta homenaxe au polifacético autor francés, no taller de Bergondo pensaron que uns pendentes con forma de ás, colgantes, de prata con acabado mate e moi lixeiros, casarían á perfección coa esencia e as formas das obras deste autor e co bo gusto do público. Se levas nas orellas esta peza non pasarás desapercibido e terás no teu xoieiro unha obra de arte perenne que pasará de xeración en xeración.

Ardentia é un acerto seguro para agasallar, e se prefires outro tipo de abelorios, visita a súa web www.ardentia.es para coñecer todos os seus produtos. Seguro que das coa túa peza de xoiería ideal!

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.