CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Apartamentos Rodeiramar 2A: a dous pasos da praia de Cangas

Rodeiramar 2A é un hotel e apartamentos e ao pé do areal de Rodeira, en Cangas. Á fronte do negocio está Merchi Rodal, televisiva cociñeira do programa Larpeiros que conquista aos seus hóspedes cun bufete de doces caseiros cada mañá. O aloxamento ofrece peseos en barco no seu propio veleiro.

Merchi Rodal e a súa parella dirixen este conxunto de 11 apartamentos e 9 habitacións ao pé da Praia de Rodeira. Rodal, que estudou bioloxía mariña, colleu a remuda do negocio familiar, orixinariamente un restaurante con pensión, hai máis dunha década e pouco a pouco actualizou a súa estética e mellorou as instalacións, creando agradables zonas comúns axardinadas con mesas, hamacas e sombra nas que relaxarse.

Os apartamentos son o servizo máis demandado en Rodeiramar 2A e poden escollerse de un, dous ou tres dormitorios, para ser ocupadas por un máximo de seis adultos. Dispoñen de cociña totalmente equipada e unha pequena sala con televisión. Todos teñen un encanto especial diferente: algunhas das habitacións teñen balcón desde o que se ve o mar, outros dispoñen de acceso directo a un pequeno xardín, no que desfrutar da cea ao aire libre. Ademais, as mascotas os cans son benvidas na maioría dos apartamentos.

CAMELIAS NADAL

A clientela chega por vez primeira a atraída pola comodidade do aloxamento e a proximidade coa praia; logo repite grazas ao ambiente familiar e a uns almorzos espectaculares: un bufete libre de café e zume de laranxa natural, pan artesán, variedade de queixos e friames, ovos feitos á demanda e as lambetadas caseiras que a propia xerente elabora a diario. A pericia de Merchi na cociña é ben coñecida para os espectadores da Televisión de Galicia, que puideron vela exercendo de reposteira en programas como o histórico Larpeiros (marca baixo a que asinou dous libros de repostería) ou o actual A voltas co prato. Outro valor engadido deste aloxamento é contar cun veleiro propio, co que se poden contratar paseos en barco privados e a medida.

O concello de Cangas é de sobra coñecido polos seus longos areais e o ambiente alegre do que gozan as súas labirínticas rúas durante o verán. No outono, a casa cambia o mar polo monte para organizar sendeiros e saídas micolóxicas das que avisan en redes sociais.

Rúa da Rodeiriña, 11 | 986 30 17 49 | rodeiramar2a.com | @apartamentosrodeiramar

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.