CAMELIAS MASCOTAS

Alumnos da EMAO retratan á Orquestra Clásica nos MUPIs de Vigo

A Orquestra Clásica de Vigo propuxo un xogo aos estudantes da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo: interpretrar e retratar os concertos que conforman a nova tempada da orquestra. Agora o xogo sae a rúa e son os viandantes os que teñen que localizar, fotografar e subir ás redes os carteis que forman parte desta iniciativa.

Nós tamén quixemos xogar e saímos a rúa a buscar algúns destes fermosos carteis realizados polo alumnado da EMAO; no vídeo tedes o resultado dos nosos achados.

@amovidavigo

🎨🎻 Saímos na procura dalgúns dos carteis que o alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios fixo para anunciar a nova tempada da Orquestra Clásica de Vigo. Podedes deixar nos comentarios onde credes que están situados. Se os atopades, tamén podedes subir un story e etiquetar a Emao e A Clásica. #Vigo

♬ Funny – Yunita Vercila

En total hai trinta carteis espallados polas rúas da cidade, elaborados polos alumnos de serigrafía artística, debuxo e pintura da EMAO. Trátase dunha proposta multidisciplinar e colaborativa que busca exceder os limites da orquestra e a escola para enceher de arte ás rúas da cidade, empregando como soporte os MUPIs, un espazo destinado á publicidade que durante este tempo convértense nunha galería de arte aberta ao público. Neste artigo podedes consultar á nova tempada da Orquestra Clásica de Vigo.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.