Alcanza a túa plenitude física, emocional e mental con Savia Yoga Integral
Vivimos tempos difíciles nos que o recollemento e a falta de opcións de ocio poden afectarnos tanto física como mentalmente. Un dos métodos para atopar ese benestar é o ioga, e un dos centros onde podemos practicalo é Savia Yoga Integral (R/ Bolivia 20, 1ºB). Na actualidade, debido ás restriccións sanitarias, teñen unha ampla oferta de clases virtuais, pero a súa fundadora María García insiste na preferencia polo presencial, onde a conexión e a enerxía entre o alumnado é maior.
A relación de María co ioga xa vén desde hai máis dunha década, cuxa práctica foi calando aos poucos no seu interior. Primeiro como alumna e despois como profesora, incide na importancia de levar este modo de vida máis aló das aulas: “o ioga é equilibrio físico, emocional e mental, unha actividade espiritual que nos leva ao autocoñecemento”. Máis aínda nestes momentos de inseguridade, onde ese equilibrio “é o que nos permite vivir con plenitude”.
María especializouse na práctica do ioga integral que, de maneira moi resumida, consiste na unión das cinco vías tradicionais: Karma, Bhakti, Jnana, Raja e Hatha ioga. O obxectivo é que o ioga chegue á túa vida e non quede na só na esteira. Desta forma, os 90 minutos de cada clase son do máis variados: “comezamos cunha activación, seguida do Suryanamaskar, máis coñecido como saúdo ao sol; despois unha secuencia de posturas combinadas coa respiración e unha táboa dunhas 12 asanas, que son as posturas conscientes”. A clase remataría con exercicios de relaxación, respiración consciente (pranayama) e meditación.
Como comentabamos, a situación actual obriga a realizar as clases de maneira telemática, polo que dispoñen duns horarios do máis flexibles. A constancia, di María, “é esencial no ioga, por iso recomendamos practicalo todos os días, aínda que sexan uns poucos minutos”. Estas prácticas persoais reciben o nome de sādhanas, e con elas búscase alcanzar un benestar físico, emocional e mental, que “a paz que todos portamos aflore na nosa vida de maneira espontánea”. Se queres mellorar a túa vida e alcanzar a plenitude, contacta con Savia Yoga Integral e apúntate nalgunha das súas clases online.
Nos próximos días poderedes no noso Instagram ver un vídeo da propia María explicándonos algunhas das actividades que realiza no seu centro.
SAVIA YOGA INTEGRAL
DIRECCIÓN: Rúa de Bolivia, 20, 1ºB, 36204 Vigo, Pontevedra
TELÉFONO: 646 28 17 46
WEB: saviayogaintegral.com
FACEBOOK: @saviayogaintegral
INSTAGRAM: @saviayogaintegral
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024