CAMELIAS MASCOTAS

Afundación crea un álbum colaborativo da nova normalidade

Album COVID é unha escolma fotográfica colaborativa na que as persoas que o desexen poden aportar as súas imaxes sobre o confinamento, a desescalada e a nova normalidade. As imaxes máis impactantes formarán parte dunha exposición de Afundación.

REVISTA NOVEMBRO

A través do seu novo portal de difusión dixital, Afundación en casa, a fundación presenta un novo espazo de participación online no que invita a todas aquelas persoas interesadas a tomar parte na súa nova iniciativa de carácter cultural e social. Co título de «Álbum COVID» preséntase unha proposta online e aberta para participar co envío de fotografías. O tema das imaxes remitidas debe estar ligado á COVID, en calquera dos seus ámbitos de afectación.

De entre todas as imaxes presentadas, en formato jpg, cun tamaño máximo de 1920 píxeles no maior dos lados, unha resolución de 300 ppp e que non superen os 2 MB, o xurado designado por Afundación seleccionará aquelas que valore de maior calidade para realizar unha exposición presencial ou virtual. De cara á selección, valorarase a forza narrativa da imaxe e a súa sensibilidade. O prazo de presentación de fotografías estará aberto desde o 15 de xuño ás 00.00 horas ata o 15 de setembro de 2020 ás 23 horas.

As imaxes pódense remitir a fotografiacovid19@afundacion.org e as bases sobre Álbum COVID están dispoñibles no portal Afundación en casa