Actividades extraescolares para todos os gustos
Adquirir novas aptitudes, pasalo ben e socializar son os principais incentivos para que os pequerrechos asistan a actividades extraescolares. Con todo, hai tantas opcións que ás veces escoller pode resultar complicado. Os expertos na materia recomendan escoitar as preferencias da rapazada e non saturar os horarios, deixando horas de descanso para que xoguen e mesmo teñan tempo para aburrirse. Tendo en conta isto, traemos seis propostas para activar o corpo e a mente durante este novo ano escolar.
Desde clases de arte ata a organización de campamentos, aniversarios e animación en vodas, namentres que as clases para o público adulto realízanse en grupos reducidos os mércores e os xoves.
Idade recomendada: a partir dos 3< anos. Disciplina: debuxo e pintura. Contacto: rúa da Quintela, 23 | 670 76 17 36 | @artociovigo
Laboratorio de arte, cociña, xogos simbólicos, obradoiros variados. Despois da hora e media de duración de cada actividade, disponse de media hora para xogar libremente polo espazo.
Idade recomendada: de 4 a 12 anos. Disciplina: arte e cociña. Contacto: rúa das Teixugueiras, 19, interior | 604 04 53 92 | @ciudadaventuravigo
Ofrece a aprendizaxe de diversas técnicas artísticas como acuarela, grafito, gravado ou óleo. As clases son individuais e personalizadas, polo que cada asistente pode optar por unha aprendizaxe máis académica ou máis lúdica.
Idade recomendada: a partir dos 4 anos. Disciplina: debuxo e pintura. Contacto: praza da Miñoca, 27 | 622 12 95 00 | @eltallerdelamusa
ESCUELA DE EQUITACIÓN SAN COSME
Club hípico homologado que conta coas mellores instalacións da provincia. Con tres décadas de experiencia no mundo da equitación, San Cosme ofrece clases de diferentes modalidades hípicas para todos os niveis, desde a iniciación ata a alta competición
Idade recomendada: a partir dos 3 anos. Disciplina: equitación. Contacto: camiño de Erville, 10 (Mos) | 677 69 31 71 / 639 14 96 89 | @escuelaequitacionsancosme
Os máis cativos acoden a clases de música e movemento e a partir dos seis ou sete anos poden elixir formarse en canto moderno ou escoller un instrumento para aprender a tocar, entre baixo, batería, clarinete, guitarra clásica, guitarra eléctrica, piano e violín.
Idade recomendada: a partir dos 3 anos. Disciplina: música e canto. Contacto: rúa das Teixugueiras, 19 | 698 14 59 71 | @mundosonoro
TALLER DE ARTE MINGOS TEIXEIRA
Neste taller ofrécense clases para aprender a desenvolverse en debuxo e pintura, sen precisar coñecementos previos nin pasar por sesións aburridas. De xeito individualizado, búscanse as mellores técnicas para que os máis pequenos expresen as súas sensibilidades.
Idade recomendada: a partir dos 6 anos. Disciplina: debuxo e pintura. Contacto: avenida da Florida, 32 | 657 65 97 45 | @taller_mingos_teixeira